Entradas

Compoñentes químicos das células

Imagen
A célula é a unidade estrutural e funcional básica dos seres vivos. Están compostas por bioelementos e biomoléculas. As biomoléculas están formadas por bioelementos combinados e poden ser orgánicas e inorgánicas. Biomoléculas inorgánicas: a auga A auga é a molécula máis abundante nos seres vivos e está formada por dous átomos de hidróxeno e un de osíxeno. Xeralmente, referímonos a ela por este nome cando está en estado líquido e é "unha das substancias químias máis investigadas, pero segue sendo unha das menos entendidas"(John Emsley, investigador) . Ten moitas propiedades fisicoquímicas, como o seu gran poder disolvente (o que fai máis doado transportar os nutrientes e realizar as reaccións químicas do metabolismo celular). Biomoléculas inorgánicas: os sales minerais Os sales minerais son compostos fundamentalmente iónicos que poden ser insolubles en auga. Os insolubles son útiles para formar estruturas esqueléticas, como o fosfato tricálcico (ós...

A célula e os seus compoñentes

Imagen
                                    Neste primeiro tema imos tratar os distintos tipos de células, en que se semellan, en que se diferencian e os seus compoñentes.

Benvidos!

Imagen
Ola! Son Noa, unha estudante de 4º da ESO, e vou usar este blog para falar, ao longo deste ano escolar; sobre as cousas de Bioloxía e Xeoloxía  que estou dando en clase. Espero que vos guste e vos sexa de axuda!!!! 😊😊