Adaptacións ao medio terrestre e aéreo

ADAPTACIÓNS DOS ANIMAIS

Os seres vivos xurdiron no medio acuático, e posteriormente conquistaron o medio terrestre, moito máis hostil para a supervivencia. No medio terrestre, a sequidade ambiental e os cambios bruscos de temperatura supoñen retos que esixen a adquisición de órganos e esrtuturas especializados.

Adaptacións ao medio terrestre

  • Cubertas de protección para evitar a desecación e soportar os cambios bruscos de temperatura. 
Resultado de imaxes para: escamas reptiles
  • Sistemas respiratorios capaces de captar osíxen do aire, coma o sistema traqueal nos insectos e o pulmonar nos vertebrados terrestres.
Resultado de imaxes para: insecto
  • Sistemas de transporte e extremidades máis fortes.
Resultado de imaxes para: ala petirrojo
  • Esqueleto para desprazarse e manterse ergueitos.
Resultado de imaxes para: esqueleto vertebrados
  • Estruturas para a captura de alimentos e a reprodución.
Resultado de imaxes para: huevo
  • Cambios da temperatura corporal.
Resultado de imaxes para: hibernating bear

Adaptacións ao medio aéreo

A capacidade para voar é un dos máis característicos trazos de moitas especies terrestres.
Nas aves, as adaptacións principais son ósos lixeiros e resistentes, extremidades anteriores en ás, pulmóns expandidos (sacos aéreos) para acumular aire, perda da cola ósea para alixeirar o peso corporal e plumas que facilitan o voo e manteñen a temperatura corporal.
Nos insectos tamén hai unhas expansións membranosas que lles permiten desprazarse polo aire.

ADAPTACIÓNS DAS PLANTAS

  • Sistemas de transporte eficaces para distribuír os nutrientes a grandes distancias (coma os vasos condutores das plantas superiores).
  • Sistemas de fixación ao substrato (raíces) para sosterse e poder captar a auga e os minerais do chan.
Resultado de imaxes para: raices
  • Talos que permiten ás follas captar a maior cantidade de luz posible.
  • Estruturas e fibras que dan dureza e resistencia aos talos para manterse ergueitos.
  • Estomas nas follas que permiten o intercambio gasoso coa atmosfera.
Resultado de imaxes para: estomas plantas

Adaptacións á temperatura

Adaptacións ao calor
  • Acumulación de auga en follas e talos engrosados, diminución do número de estomas e a súa apertura só durante a noite para evitar a perda de auga por transpiración.
  • Transformación de follas en espiñas e desenvolvemento de raíces longas e profundas para absorber auga.
Adaptacións ao frío
  • Detención da fotosíntese durante a época fría, o que leva á caída das follas.
Resultado de imaxes para: arbol caducifolio
  • Perda da parte aérea durante a época fría e desenvolvemento de estruturas subterráneas.
Resultado de imaxes para: tuberculo
  • Follas resistentes e correúdas, protexidas por capas déreas, que non caen durante o inverno.
Resultado de imaxes para: pino
























Comentarios

Entradas populares de este blog

A división celular: mitose e citocinese

Como se reproducen as células?