Autorregulación das poboacións

CRECEMENTO DUNHA POBOACIÓN

Unha poboación é o conxunto de seres dunha mesma especie que viven nun ecosistema. As poboacións dun ecosistema tenden a aumentar de tamaño e chegar a un número que se mantén máis ou menos constante.

En condicións ideais de laboratorio, unha poboación pode crecer indefinidamente sempre que dispoña de nutrientes ilimitados. Na natureza existen factores que limitan o crecemento.

Cando unha poboación alcanza o maior número de individuos que pode soportar o medio (capacidade de de carga) manténse en equilibrio.

Resultado de imaxes para: poblaciones ecosistemas

Factores que limitan o crecemento dunha poboación

Hai diferentes factores limitantes que controlan o crecemento dunha poboación. Entre os factores ambientais destacan os dependentes e independentes da densidade.
É difícil separar estes dous tipos de factores xa que, a miúdo, actúan conxuntamente ou interfiren nos efectos que producen por separado.

Resultado de imaxes para: factores que limitan el crecimiento de una poblacion

Factores dependentes da densidade de poboación

O factor máis importante son as enfermidades que se propagan máis facilmente nas poboacións con maior densidade.
A competencia polos recursos limitados, a emigración e a acumulación de residuos tóxicos tamén son factores que limitan o crecemento indefinidp das poboacións.

Resultado de imaxes para: factores dependientes de la densidade de una poblacion

Factores independientes da densidade de poboación

Destacan os factores ambientais como a temperatura, a luz, a cantidade de osíxeno, as secas, as xeadas e as inundacións que non dependen da existencia dun maior ou menor número de individuos.

Resultado de imaxes para: Factores independientes de la densidad de poboación

O TAMAÑO DUNHA POBOACIÓN

O tamaño das poboacións tamén está limitado por algunhas das relacións establecidas entre os organismos da comunidade:
  • Depredación. É necesaria para a transferencia de materia e enerxía na cadea trófica e tamén é un factor limitante do tamaño das poboacións, xa que así se eliminan os individuos vellos ou enfermos.
Resultado de imaxes para: depredacion
  • Competencia. Cando a poboación é pequena, os recursos son abundantes, pero cando aumenta, escasean. Nesta situación, a competencia pode ser feroz e o tamaño da poboación diminúe.
Resultado de imaxes para: competencia ecosistema
  • Estrés. Ao aumentar moito a densidade de poboación, os individuos poden padecer estrés.
Resultado de imaxes para: estres ecosistema

Estratexias de supervivencia das poboacións

A estratexia de supervivencia é a forma que teñen os organismos de utilizar parte da súa enerxía en reproducirse. 
Tipos de estratexias:
  • Elevada taxa de reprodución e escasa acumulación de reservas enerxéticas. Os organismos que viven nun medio con drásticas variacións ambientais producen moita descendencia rapidamente.
Resultado de imaxes para: bacterias
  • Baixa taxa de reprodución e gran desenvolvemento. Son organismos que posúen un cúmulo importante de reservas enerxéticas. Son de gran tamaño e baixo número de descendentes. Utilizan a enerxía para producir pouco descendentes pero moi resistentes.
Resultado de imaxes para: puppies















Comentarios

Entradas populares de este blog

A división celular: mitose e citocinese

Como se reproducen as células?