Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como grupos sanguíneos

A herdanza dos grupos sanguíneos

Imagen
O SISTEMA AB0 Os grupos sanguíneos son clasificacións do sangue de acordo coas substancias presentes na superficie dos glóbulos vermellos e no plasma sanguíneo. As dúas clasificacións principais de grupos sanguíneos son o sistema AB0  e o factor Rh . Os antíxenos  son substancias presentes na superficie das células que inducen, noutro individuo, a fabricación de anticorpos e a resposta inmunitaria para neutralizar  estes antíxenos. Os anticorpos  son preoteínas no plasma sanguíneo e producidas polas células do sistema inmunitario, capaces de unirse e neutralizar aos antíxenos. O factor Rh é unha proteína que se atopa na membrana dos glóbulos vermellos.