Os factores ambientais do ecosistema
TIPOS DE FACTORES DO ECOSISTEMA
- Factores bióticos: relacións que se establecen entre os seres vivos dun ecosistema e que condicionan a súa propia existencia. Estas son necesarias para alimentarse, defenderse dos depredadores, reproducirse, desprazarse...
- Factores abióticos: todos os factores ambientais dun ecosistema (no medio acuátcio algúns son a luz, a salinidade e a presión; no medio terrestre os máis destacables son o tipo de solo, a temperatura, a humidade e a luz).
OS FACTORES AMBIENTAIS E OS SERES VIVOS
Os factores ambientais, ou abióticos, condicionan a distribución, o tamaño, o número e mesmo a capacidade reprodutiva dos seres vivos. Destacan:
- Factores climáticos: temperatura e humidade.
- Factores físicos e químicos: luz, salinidade, presión e concentración de osíxeno.
- Factores relacionados co solo, ou edáficos: como tipo de rocas e materiais que o forman.
FACTORES CLIMÁTICOS
O clima é o conxunto de condicións atmosféticas que posúe unha determinada zona ao longo do tempo.
O tempo é o conxunto dos fenómenos atmosféricos nun momento concreto.
Os factores climáticos máis importantes que afectan á distribución dos organismos son a temperatura, a homidade, o vento e a altitude.
A adaptación que sofren os organismos vivos a estas condicións denomínase aclimatación.
Principais factores climáticos: a humidade e a temperatura
-A humidade: é un dos factores climáticos máis condicionantes para a existencia de seres vivos no medio terrestre.
Nos ecosistemas terrestres determina a existencia ou non de vida e a distribución espacial das especies vexetais.
A auga tamén contribúe á estabilidade do clima grazas ao seu efecto termorregulador. O vapor de auga atmosférico impide os cambios bruscos de temperatura. Isto é moi patente nos lugares próximos a masas de auga onde as variacións térmicas entre o día e a noite son menos drásticas que nos lugares de interior.
-A temperatura: as variacións de temperatura afectan máis ás plantas que aos animais, xa que en moitos casos estes posúen sistemas para regulalas.
A distribución dos ecosistemas terrestres está tamén condicionado pola temperatura. Por isto, tanto a latitude como a altitude determinan a localización. A taiga localízase en zonas moi frías do Norte do planeta e en zonas húmidas da alta montaña, mentres que os bosques caducifolios se instalan en lugares temperados do centro de Europa e en zonas continentais de altitude media.
A temperatura tamén inflúe en procesos biolóxicos: a floración e a metamorfose dos insectos teñen lugar coa subida da temperatura, e as migracións e as hibernacións co descenso.
Nos ecosistemas acuáticos apenas hai variacións bruscas de temperatura da auga, o que facilita o desenvolvemento das especies.
Comentarios
Publicar un comentario