Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como xenotipo

Como se determina o sexo

Imagen
O SEXO DEPENDE DOS CROMOSOMAS X E Y Nos humanos o sexo de cada individuo determínao unha parella de cromosomas (cromosomas sexuais). Muller: xenotipo XX Home: xenotipo XY. Os cromosomas sexuais conteñen xenes que interveñen no desenvolvemento sexual. A IMPORTANCIA DO XENE SRY NA DETERMINACIÓN DO SEXO MASCULINO Os cromosomas sexuais non son homólogos, o cromosoma X e máis longo e ten máis xenes que o Y. Os dous teñen unha rexión con xenes relacionados coa determinación do sexo e a formación dos órganos sexuais. O cromosoma X posúe xenes que controlan caracteres hereditarios (caracteres ligados de sexo). Nun extremo do cromosoma Y está o xene SRY, responsable de que se desenvolvan no feto os órganos sexuais masculinos. Isto ocorre a partir das seis semanas de xestación. ENFERMIDADES LIGADAS AO SEXO: A HEMOFILIA E O DALTONISMO A hemofilia é unha enfermidade debida a un alelo recesivo no cromosoma X, caracterizado polo déficit dos factores de coagulación...

Conceptos básicos en xenética

Imagen
XENES E CARACTERES HEREDITARIOS A xenética é a parte da bioloxía que estuda a herdanza dos caracteres, o comportamento dos xenes dentro das células e a súa transmisión de pais a fillos. Os xenes son fragmentos de ADN que conteñen a información xenética responsable de cada un dos caracteres hereditarios. Transmítense de pais a fillos a través dos gametos que se producen na meiose. Cada xene ten dúas alternativas denominados alelos, un en cada cromosoma homólogo. Os alelos localízanse na mesma posición do cromosoma.  INDIVIDUOS HOMOCIGÓTICOS E HETEROCIGÓTICOS Os xenes e alelos represéntanse con letras. Cada individuo posúe dous alelos para cada carácter, cando estes alelos son iguais é homocigótico; distintos, heterocigótico ou híbrido. Denomínase alelo dominante (A) ao que se denomina no fenotipo dos individuos heterocigóticos, e recesivo (a) ao que queda oculto nos heterocigóticos. XENOTIPO E FENOTIPO O xenotipo é o conxunto de xenes que posúe un individuo  ...