As especies invasoras e as especies clave

As especies invasoras son especies foráneas que foron introducidas artificialmente, accidentalmente ou voluntariamente e que, despois de certo tempo, conseguen adaptarse ao medio e colonizalo. En moitos casosdesprazan ás especies autóctonas ou propias do medio.
As especies nativas, ao non evolucionar en contacto con estas novas, non teñen estratexias para poder competir con elas e evitar ser desprazadas.
A invasión de especies nas últimas décadas, debido ao aumento das comunicacións, converteuse nun problema global que afecta a todos os países. Os efectos aprécianse en todos os ecosistemas e nalgúns casos son irrebersibles.
Resultado de imaxes para: especies invasoras

COMO CHEGAN AS ESPECIES EXÓTICAS AOS ECOSISTEMAS

Nalgúns casos, estas especies poden chegar acccidental e indirectamente a través do comercio, o transporte, etc.
Resultado de imaxes para: mejillon cebra

Noutros casos, estas especies poden ser introducidas intencionadamente, como cando se importan como mascotas e logo se abandonan.

Resultado de imaxes para: tortugas de orejas rojas

Unha especie criada para facer abrigos

Unha das primeiras especies exóticas importadas a España foi o visón americano, que pola súa maior talla e características o convertían en máis adecuado para fabricar abrigos de pel e outros accesrios que o visón europeo.
En moi pouco tempo están conseguindo acabar cos visóns autóctonos, grazas ao seu maior tamaño, capacidade reprodutiva e agresividade.

Resultado de imaxes para: vison americano

AS ESPECIES CLAVE NA CADEA TRÓFICA

A medida que os ecosistemas se van complicando, algunhas especies (clave) desempregan un papel crucial no funcionamento dos ecosistemas xa que a súa desaparición implica o colapso do mesmo.
Debido ao seu trascendental papel, compáranse á pedra clave dun arco (é a que resiste menor presión, pero se se dana o arco cae).

Resultado de imaxes para: especies clave cadena trofica

As lontras marinhas e os ourizos

Un exemplo do efecto das especies clave é o caso das lontras marinhas que se alimentan de ourizos de mar.
No século XIX a caza destas pola súa fina pel no noroeste do Pacífico levounas case á total extinción.
A medida que diminuían, o número de ourizos medrou incontroladamente, o que provocou a desaparición de algas mariñas (das que se alimentan) que foron sustituídas por unha planicie desértica de area.

Resultado de imaxes para: lontras marinhas e ourizos

As especies clave dos ecosistemas españois

Unha delas é o coello, alimento de máis de 40 especies de depredadores, algúns en perigo de extinción. Os coellos, como animais herbívoros, contribúen a crear áreas abertas nas matogueiras, o que permite unha maior diversidade de especies vexetais.
Ademáis, as súas feces fertilizan as zonas onde habitan e serven de alimento a varios invertebrados.

Resultado de imaxes para: rabbit













Comentarios

Entradas populares de este blog

A división celular: mitose e citocinese

Como se reproducen as células?