A HERDANZA NA ESPECIE HUMANA A transmisión dos caracteres hereditarios na especie humana, tanto os trazos físicos como as enfermidades xenéticas, réxese polos mesmosprincipios da herdanza mendeliana. Hai caracteres controlados por só un xene e outros e herdanza máis complexa. A súa manifestación descendencia depende de varios factores: Tipo de alelo responsable do carácter. Localización do xene nos autosomas ou nos cromosomas sexuais. As enfermidades hereditarias e xenéticas As enfermidades hereditarias son as que son transmitidas de pais a fillos a través dos xenes. Adoitan manifestarse en varios membros da mesma familia, segundo o seu tipo de herdanza. As enfermidades xenéticas son todas as que se deben a cambios ou alteracións do ADN. Poden deberse a mutacións ou alteracións cromosómicas. ALBINISMO: UN EXEMPLO DE HERDANZA RECESIVA É un trastorno causado por un alelo recesivo. Os individuos heterocigóticos non a manifestan pero son portadores e poden transm...
O bioma é o conxunto de zonas da Terra que teñen poboacións animais e vexetais similares. Cada bioma pódese estender por varios continentes, e en cada continente pídense atopar distintos biomas. BIOMAS DE CLIMAS FRÍOS A tundra Ocupa as zonas próximas aos círculos polares. As temperaturas son moi baixas todo o ano e as precipitacións caen en forma de neve. A vexetación arbórea é escasa. Durante unha gran parte do ano atópase cuberta de xeo. Habitada por caribús, bois almiscreiros, osos polares...Entre os vexetais abundan liques, A taiga Ocupa as zonas de Europa, Canadá e Asia próximas aos Polos. É o bioma máis grande. O clima é frío continental (invernos longos e moi fríos e veráns temperados e curtos), as choivas son escasas e en forma de neve no inverno. As coníferas son as súas árbores características (sobre todo piñeiros e abetos, de follas reducidas e perennes). Está habitada por renos, alces, caribús, osos negros, lobos, donicelas... O deserto f...
A MITOSE PRODUCE CÉLULAS FILLAS IDÉNTICAS Á CÉLULA NAI -Mitose: división do núcleo celular para dar lugar a dúas células fillas con idéntica información xenética que a nai. Forma de reprodución asexual común ás células eucariotas. Nos animais ocorre en case todos os tecidos, pero nas plantas só ocorre nos meristemas (tecidos encargados de dividirse e dar lugar aos demais tecidos da planta). O movemento dos cromosomas durante a mitose está controlada polos centríolos e o fuso mitótico. Os cromosomas ancóranse ás fibras do fuso, que controlan a separación das cromátides e o seu desprazamento cara ás células fillas. Fases: -Profase: cromatina condensada forma cromosomas. Desaparece a envoltura nuclear e o nucléolo. Centríolos migran aos polos. Fórmase o fuso mitótico. -Metafase: cromosomas insírense nos microtúbulos do fuso e dispóñense no centro da célula. -Anafase: cromátides idénticas de cada cromosoma sepáranse. Fibras do fuso acúrtanse e a...
Comentarios
Publicar un comentario