Os ecosistemas necesitan materia e enerxía

A MATERIA CONTÉN ENERXÍA

Os ecosistemas funcionan como factorías que requiren materia e enerxía. A materia contén a enerxía necesaria para o devandito funcionamento.
O Sol é a principal fonte enerxética para a maioría dos seres vivos dos ecosistemas. Este tipo de enerxía é captada, grazas a pigmentos como a clorofila, polos seres autótofros e transferida ao resto dos seres vivos en forma de enerxía química, propia das moléculas orgánicas.
Tamén hai organismos capaces de obter a enerxía que se desprende nalgunhas reaccións químicas (quimiosintetizadores).

A materia e a enerxía

A materia existe nos ecosistemas baixo distintas formas .
É limitada, polo que debe reciclarse continuamente. Pasa do medio aos seres vivos e viceversa, describindo ciclos. Por iso  na natureza é necesario que se reciclen certos compostos químicos.
Cando os seres vivos deixan de existir, os organismos descompoñedores, reciclan a materia orgánica transformándoa en inorgánica, permitindo que volva estar dispoñible.

Os seres vivos fotosintetizadores captan unha pequena parte da enerxía social e, mediante fotosíntese, úsana para transdormar a materia inorgánica, pobre en enerxía, en materia orgánica, rica en enerxía química.

A maioría da enerxía dos organismos pérdese coas feces ou en forma de calor, que se disipa na atmosfera. Só unha pequena parte pasa duns organismos a outros, mediante a nutrición.

Por iso se di que a enerxía nos ecosistemas flúe, non se recicla, e require dunha fonte continua para suplir as perdas constantes.

Produtividade dos ecosistemas

A produtividade dun ecosistema é a cantidade de materia orgánica formada por unidade de superficie e tempo.
Os organismos fotosintetizadores que máis contribúen a formar materia orgánica son os organismos microscópicos autótrofas do plancto. Como estes só ocupan a zona superficial ou fótica dos ecosistemas acuáticos, os ecosistemas terrestres son máis produtivos que os mares e océanos. Unha excepción son as zonas de augas superficiais que posúen unha gran produtividade.
A materia formada polos organismos produtores denomínase produtividade primaria, mentres que a formada polos consumidores recibe o nome de produtividade secundaria. 

Resultado de imaxes para: praderia

A obtención de materia e enerxía

Todos os organismos obteñen a enerxía a partir das moléculas orgánicas, aínda que non todos obteñen estas moléculas do mesmo xeito:
  • Os seres autótrofos son capaces de formar materia orgánicas que logo utilizan para as súas funcións vitais. Denomínanse por iso produtores.
  • Os seres heterótrofos necesitan tomar a ateria orgánica xa elaborada polos produtres porque non posúen capacidade para elaborala. Chámanse consumidores.                                                  Hai varios tipos:                                                                                                                                 -Consumidores primarios ou herbívoros. Aliméntanse de produtores.                                         -Consumidores secundarios. Aliméntanse de consumidores primarios. Son os animais carnívoros e preeiros.                                                                                                                          -Consumidores terciarios. Son animais carnívoros que se alimentan doutros carnívoros que. Tamén se denominan supercarnívoros.
Esta secuencia na que uns organismos se alimentan doutros de distinto nivel chámase cadea trófica ou alimentaria. Cada un dos elos desta cadea é un nivel trófico.
O último elo das cadeas tróficas ocúpano os descompoñedores. Estes encárganse de romper os restos de materia orgánica dos outros organismos e transformalos en materia mineral. A cambio, utilizan os produtos resultantes para as súas funciñins vitais. A súa misión é esencial para que a materia se recicle.
Resultado de imaxes para: niveles troficos de un ecosistema

O nicho ecolóxico

É a función que un organismo desemprega dentro dun ecosistema, a diferencia do hábitat, que é o lugar onde vive.
As especies similares teñen a capacidade de especializarse de forma que os seus nihos ecolóxicos non coincidan.

Resultado de imaxes para: nicho ecologico








































Resultado de imaxes para: flujo de la materia y la energia en los ecosistemas













Comentarios

Entradas populares de este blog

A división celular: mitose e citocinese

Como se reproducen as células?