Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Gregor Mendel

A interpretación dos experimentos de Mendel

Imagen
PRIMEIRA LEI: O CRUZAMENTO ENTRE HOMOCIGÓTICOS PARA UN CARÁCTER PRODEUCE UNHA DESCENDENCIA UNIFORME Ao cruzar individuos de razas puras que difiren nun carácter, toda a descendencia é uniforme, presentando o carácter dominante. SEGUNDA LEI: O CRUZAMENTO DE HÍBRIDOS PARA UN SÓ CARÁCTER Ao cruzar os híbridos da F1 os alelos sepáranse e distribúense entre os gametos ao azar. O carácter recesivo maniféstase na F2. TERCEIRA LEI:HERDANZA INDEPENDENTE DE DOUS CARACTERES Os alelos para distintos caracteres hérdanse de maneira independente e combínanse ao azar na descendencia.

Os principios da xenética mendeliana

Imagen
A CONTRIBUCIÓN DE MENDEL Á XENÉTICA Gregor Mendel foi un monxe e naturalista austríaco que descubreu os principios que controlan a herdanza dos caracteres hereditarios. Durante anos observou determinados caracteres do chícharo estudou o seu comportamento en sucesivos cruzamentos. Método científico: Realizou procedementos de polinización cruzada. Estudou cada carácter por separado para controlar todas as variables. Repitiu os experimentos e comprobou a súa reproducibilidade usando distintos caracteres. Analizou os resultados aplicando análises estatísticas. OS EXPERIMENTOS DE MENDEL Cruzamentos de liñas puras.  Elixiu dúas liñas puras que diferían nun só carácter e forzou a polinización cruzada entre elas. Tras repetir os cruzamentos con liñas puras diferentes doutros caracteres comprobou que a descendencia sempre era uniforme e se parecía a un dos parentais. aos que sempre aparecen nos híbridos chamounos dominantese que quedabaocultos, recesivos. Autofecu...