Os grandes ecosistemas terrestres: os biomas

O bioma é o conxunto de zonas da Terra que teñen poboacións animais e vexetais similares.
Cada bioma pódese estender por varios continentes, e en cada continente pídense atopar distintos biomas.

BIOMAS DE CLIMAS FRÍOS

A tundra

Ocupa as zonas próximas aos círculos polares. As temperaturas son moi baixas todo o ano e as precipitacións caen en forma de neve. A vexetación arbórea é escasa. Durante unha gran parte do ano atópase cuberta de xeo. 
Habitada por caribús, bois almiscreiros, osos polares...Entre os vexetais abundan liques, 

Resultado de imaxes para: tundra

A taiga

Ocupa as zonas de Europa, Canadá e Asia próximas aos Polos. É o bioma máis grande.
O clima é frío continental (invernos longos e moi fríos e veráns temperados e curtos), as choivas son escasas e en forma de neve no inverno.
As coníferas son as súas árbores características (sobre todo piñeiros e abetos, de follas reducidas e perennes).
Está habitada por renos, alces, caribús, osos negros, lobos, donicelas...

Resultado de imaxes para: taiga

O deserto frío

Os desertos son lugares de escasas precipitacións. A Antártida é o maior deserto xeado da Terra (ocupa todo un continente).
Na Antártida, a parte de xeo e neve, hai vales secos onde non caeron precipitacións dende hai miles de anos. Tamén hai ríos e lagos. O clima caracterízase por ter temperaturas moi baixas.

Resultado de imaxes para: desierto frio

BIOMAS DE CLIMAS TEMPERADOS

Bosque caducifolio

Este tipo de vexetación (de folla caduca) é característico de climas con temperaturas temperadas e choivas abundantes. Ocupa a zona atlántica da Península Ibérica.
A vexetación característica é de faia e carballos cun estrato arbustivo e herbáceo moi denso.
A fauna é moi rica e variada (osos, cervos, xabarís...).

Resultado de imaxes para: bosque caducifolio

Bosque mediterráneo

Caracterízase por ter invernos temperados e veráns cálidos. As choivas son escasas e irregulares, sobre todo durante a primavera e o outono.
Unha importante parte da Península Ibérica está integrada neste bioma.

Resultado de imaxes para: bosque mediterraneo

BIOMAS DE CLIMAS CÁLIDOS

Bosque tropical

Situado a ambos lados do Ecuador e a súa vexetación é a máis frondosa.
O clima tropical caracterízase por non ter grandes oscilacións e ter unha temperatura media de 25ºC e precipitacións constantes durante todo o ano.
As árbores teñen folla perenne e frande altura e dificultan a existencia de estrato arbustiva por imperdir o paso da luz.
Habitan nel paxaros, insectos e monos, e medran orquídeas, palmeiras, lianas, fentos...

Deserto cálido

Está localizado en zonas afastadas do mar ou arredor das zonas tropicais, onde as nubes perden auga, polo que o aire é moi seco.
O clima desértico caracterízase por un gran contraste térmico entre día e noite (a oscilación térmica pode ser de 40ºC).
A vexetación é moi escasa e está adaptada a evitar a transpiración. A fauna tamén ten adaptacións. Os animais máis frecuentes son serpes, lagartos, coiotes e escorpións.

Resultado de imaxes para: desierto calido



























Comentarios

Entradas populares de este blog

A división celular: mitose e citocinese

Como se reproducen as células?