Os factores bióticos

Os factores bióticos son as relacións que se establecen entre os organismos. Clasifícanse en intraespecíficas (entre individuos da mesma especie) e interespecíficas (entre individuos de distinta especie).

AS RELACIÓNS INTRAESPECÍFICAS

A súa finalidade é a protección das crías, a busca de alimento e a defensa. Poden ser:
  • Coloniais. Son as relacións que se establecen entre organismos que viven intimamente unidos, como os corais e as esponxas.
Resultado de imaxes para: corales
  • Sociales. Nelas establécese unha xerarquía e unha distribución de tarefas.
Resultado de imaxes para: colmena
  • Familiares. Son as que se establecen dentro dun grupo familiar, entre os proxenitores e a descendencia. Os seus fins son a alimentación, a cría e a protección dos máis débiles.
Resultado de imaxes para: relaciones intraespecificas familiares
  • Gregarias. Son asociacións de organismos que se desprazan de forma conxunta, como ocorre nas bandadas de aves ou nos bancos de peixes.
Resultado de imaxes para: relaciones intraespecificas gregarias

AS RELACIÓNS INTERESPECÍFICAS

  • A competencia. Esta relación dáse cando dous organismos utilizan o mesmo recurso. Tamén existe competencia entre organismos da mesma especie.                                                            As plantas compiten pola luz, polo espazo para as súas raicese, ás veces, pola auga e polos minerais do chan. Os animais compiten polo alimento e por unha parella ou un espazo para vivir e reproducirse.
                                                          Resultado de imaxes para: relaciones interespecificas competencia
  • A depredación. É a relación na que un organismo denominado depredador mata a outro (presa) para poder alimentarse.                                                                                                                 O feito de que uns seres vivos dependan doutros para conseguir alimento fai que nun ecosistema se creen relacións que se denominan relacións alimentarias ou tróficas.
                                                     Resultado de imaxes para: relaciones interespecificas depredacion
  • A simbiose. O termo simbiose significa vivindo xuntos. A simbiose é unha relación ou asociación permanente entre individuos de distinta especie, que pode ser beneficiosa ou non, e mesmo prexudicial para unha especie.                                                                                       Aínda que tradicionalmente este termo se asociaba ao concepto de beneficio, o criterio xeral é o de asociación con dependencia mutua entre distintas especies.

Tipos de simbiose

O mutualismo

É unha relación de beneficio mutuo. Por exemplo, a asociación das bacterias fixadoras de nitróxeno que viven sobre as raíces das plantas leguminosas.
As bacterias transforman o nitróxeno atmosférico en compostos nitroxenados, usados polas plantas leguminosas para formar as súas proteínas e outras moléculas orgánicas. As bacterias obteñen alimentos elaborados polas plantas.

Resultado de imaxes para: liquen

O comensalismo

É unha relación na que unha especie se beneficia e a outra nin se beneficia nin é prexudicada, como no comensalismo de "transporte", entre quenllas e rémoras. As rémoras usan ás quenllas como medio de transporte sen facerlles mal (obteñen un beneficio sen provocar un prexuízo).

Resultado de imaxes para: comensalismo

O parasitismo

Nesta relación interespecífica, unha especie benefíciase e a outra resulta perxudicada. O parasito vive en íntima relación con outro individuo chamado hóspede, que resulta perxudicado.

Resultado de imaxes para: parasitismo

As micorrizas, unha asociación mutualista

Certos fungos conviven con raíces de plantas formando unha asociación mutualista chamada micorriza, que resulta moi beneficiosa.
Atópanse na maioría das árbores das zonas tropicais e nalgunhas dos bosques temperados. A maioría dos arbustos, herbáceas e case a totalidade das plantas cultivadas posúen esta asociación.

As plantas benefícianse desta asociación, pois favorece a súa reprodución e a súa supervivencia . O fungo facilita a absorción de auga e nutrientes. Protexe as plantas dos organismos patóxenos do solo.  fungo benefñiciase da materia orgánica sintetizada polas plantas.

Non é posible cultivar este tipo de fungos no laboratorio, por iso, cando os agricultores queren aumentar a poboación de micorrizas nun cultivo agrgan ao solo raíces de micorrizas mesturadas coa terra onde medran.

Resultado de imaxes para: micorrizas












Comentarios

Entradas populares de este blog

A división celular: mitose e citocinese

Como se reproducen as células?