Os ecosistemas autorregúlanse
EQUILIBRIO E REGULACIÓN NOS ECOSISTEMAS
Os ecosistemas son comunidades máis ou menos estables nas que o número de seres que as compoñen se mantén constante.
Hai factores abióticos e bióticos que limitan o crecemento das poboacións que o constitúen, de xeito que estas se manteñen en equilibrio (autorregulación).
Entre os factores abióticos atópanse os recursos dispoñibles (luz, superficie de solo, temperatura...). Os factores bióticos que regulan a cantidade de organismos nun ecosistema son as relacións entre eles, especialmente tróficas.
Perturbación e estabilidade dos ecosistemas
Chámaselle perturbación á alteración na estrutura e no funcionamento dos ecosistemas.Os ecosistemas posúen tres mecanismos de reacción ante as perturbacións:
- Resilencia. Capacidade de volver ao estado inicial despois de sufrir unha perturbación de vital importancia para a estabilidade do ecosistema.
- Resistencia. Capacidade do ecosistema de absorber o efecto dunha perturbación sen que se produza modificación algunha ou esta non sexa moi relevante para a súa consecuencia.
- Transilencia. Capacidade do ecosistema de responder a disturbios crónicos, de forma mantida, sen que se requira un período de resilencia ou de recuperación.
- De que a súa riqueza e composición de especies nativas non se deteriore.
- De que a estrutura física formada polo solo, a auga, os microorganismos, os fungos, as plantas e os animais se conserve.
- De que as funcións derivadas de todo iso non se interrompan.
ESTABILIZACIÓN DOS ECOSISTEMAS
As actividades humanas alteran o equilibrio biolóxico natural dos ecosistemas (autorregulación). Os cultivos extensivos dunha soa especie e a cría masiva de certas especies animais son dous exemplos frecuentes.
Estas condicións de produción masiva crean un medio ideal para a aparición de pragas ou enfermidades, que ao propagarse facilmente entre os organismos, ocasionan grandes prexuízos nos ecosistemas.
AS PRAGAS
Unha praga é un aumento desmesurado na poboación dun organismo que se considera prexudicial porque dana vexetais ou animais. Tamén pode causar danos noutras poboacións ou no ecosistema, porque provoca a desaparición de especies e rompe o seu equilibrio e a autorregulación.
Poden experimentar importantes flutuacións ou desaparecer completamente, debido a cambios ambientais e á aparición de numerosos parasitos e depredadores.
Os cambios nas condicións climáticas e os usos agrícolas están provocando o crecemento excesivo dalgunhas poboacións de animais. Cando a praga é de inimigos na súa nova localización, polo que eliminalos é moi difícil.
A loita biolóxica
A utilización de praguicidas sintéticos para acabar coas pragas ten graves incovenientes (contaminación, excesivo custo, destrución de seres vivos non prexudiciais e efectos nocivos sobre os descompoñedores do solo). Por estes motivos adquiriu gran relevancia a loita biolóxica (utilización de organismos ou métodos non químicos para acabar con organismos prexudiciais para outros seres vivos beneficiosos ou rendibles económicamente para os humanos.
Comentarios
Publicar un comentario