Os ciclos da materia
O CICLO DO NITRÓXENO
Xunto ao carbono, o osíxeno e o hidróxeno, o nitróxeno é un macroelemento indispensable para sintetizar proteínas e ácidos nucléicos.
O nitrñoxeno é moi abundante na atmosfera en forma de gas, pero os organismos produtores non poden usar o gas, senón inxerilo en forma de sales minerais disolvidos chamados nitratos.
Para que o nitróxeno atmosférico e o contido nos excrementos animais e nos restos vexetais se incorpore á materia orgánica e volva á atmosfera, pechando o ciclo, e necesaria a intervención de bacterias.
Tipos de bacterias que intereñen no ciclo do nitróxeno:

- Bacterias fixadoras de nitróxeno: son capaces de absorver o nitróxeno atmosférico e transformalo en amoníaco. Son simbióticas das raíces de moitas plantas e outras que habitan no chan.
- Bacterias nitrificantes: capaces de transfromar o amoníaco do proceso anterior e dos restos orgánicos en nitritos. e estes en nitratos (forma do nitróxeno xa utilizable polas plantas).
- Bacterias desnitrificantes: converten os nitratos non utilizados en nitróxeno atmosférico.
Fertilizantes naturais ou sintetizantes
O crecemento da poboación e a demanda de alimentos incrementaron a necesidade de produción de cultivos, o que esixiu o uso de fertilizantes de orixe sintética, en lugar do esterco ou outros fertilizantes naturais.
Os fertilizantes sintéticos achegan nutrientes esenciais. Pero poden orixinar desequilibrios na cantidade de organismos descompoñedores, seres que contribuen á descomposición, aireación e fertilidade dos solos.
O CICLO DO CARBONO
O carbono está na atmosfera en forma de gas (dióxido de carbono) e disolvido na auga dos océanos. Nos dous casos é captado polos produtores, que o combinan co hidróxeno da auga e cos sales disolvidos para formar moléculas orgánicas durante a fotosíntese.
O carbono pasa dos produtores ao resto dos seres vivos, contido nos alimentos. A respiración e a putrefacción dos organismos devolven o dióxido de carbono ao medio en forma de gas.
A descomposición da materia orgánica en zonas con escaseza ou falta de osíxeno fai que non rompa totalmente e poida converterse en carbón, petróleo ou gas natural. Cando estes combustibles arden, o carbono volve en forma de dióxido de carbono á atmosfera, pechando o ciclo.

OS CICLOS DO FÓSFORO
As plantas toman o fósforo en forma de sales minerais do chan, e os animais adquíreno ao inxerir plantas. Cando os seres vivos morren e se descompoñen, o fósforo pasa de novo ao medio terrestre. Esto denomínase ciclo biolóxico ciclo biolóxico do fósforo.As augas superficiais arrastran o fósforo ata os mares e océanos, onde sedimenta, ata que as rocas fosfatadas o van desprendendo pouco a pouco, e utilízano os organismos autótrofos mariños, de onde pasa ás cadeas tróficas mariñas. Os excrementos das aves acuáticas, ricos en fósforo, chámanse guano, e contribúen a devolver parte do fósforo aos ecosistemas terrestres. É ciclo ecolóxico do fósforo.
A cantidade de fosfatos disolvidos na auga dos ecosistemas acuáticos é, xeralmente, baixa, o que impide que proliferen en exceso as algas e cianobacterias.
Comentarios
Publicar un comentario