Compoñentes químicos das células
A célula é a unidade estrutural e funcional básica dos seres vivos. Están compostas por bioelementos e biomoléculas.
As biomoléculas están formadas por bioelementos combinados e poden ser orgánicas e inorgánicas.
Biomoléculas inorgánicas: a auga
A auga é a molécula máis abundante nos seres vivos e está formada por dous átomos de hidróxeno e un de osíxeno. Xeralmente, referímonos a ela por este nome cando está en estado líquido e é "unha das substancias químias máis investigadas, pero segue sendo unha das menos entendidas"(John Emsley, investigador).
Ten moitas propiedades fisicoquímicas, como o seu gran poder disolvente (o que fai máis doado transportar os nutrientes e realizar as reaccións químicas do metabolismo celular).
Biomoléculas inorgánicas: os sales minerais
Os sales minerais son compostos fundamentalmente iónicos que poden ser insolubles en auga.
Os insolubles son útiles para formar estruturas esqueléticas, como o fosfato tricálcico (ósos) e o carbonato cálcico (cunchas dos moluscos e exoesqueletos dos crustáceos)e os solubles, entre outras cousas, regulan a acidez (pH) e a osmose e forman parte das clorofilas e participan nos procesos da fotosíntese.
CONCEPTOS
-Diusión: tendencia das partículas de soluto a distribuírse uniformemente no seo dunha disolución.-Osmose: difusión a través dunha membrana impermeable que permite o paso do disolvente pero non do soluto.
-Disolución hipotónica: disolución menos concentrada.
-Disolución hipertónica: disolución máis concentrada.
Biomoléculas orgánicas: os glícidos
Tamén chamados hidratos de carbono, están formadas por carbono, hidróxeno e osíxeno.
Teñen función enerxética, estrutural ou plástica. Hai distintos tipos:
- Monosacáridos: son os máis sinxelos. Son doces, solubles, cristalizables, caramelizables con calor e redutores. Algúns proporcionan enerxia ás células (ex: glicosa e fructosa) e outras forman parte dos ácidos nucleicos (ex: ribosa e desoxiribosa).
- Disacáridos: formados pola unión de dúas moléculas de monosacáridos. Ex: sacarosa, lactosa, maltosa,etc.
- Polisacáridos: formados por milleiros de monosacáridos que se unes e que poden funcionar como reserva de enerxía ou formar estruturas.
CONCEPTOS
-Amidón: forma en que se almacenan as moléculas de glicosa (c. vexetal) e glicóxeno (c.animal).
-Celulosa: polisacárido estrutural máis importante e forma parte das células vexetais.
-Celulosa: polisacárido estrutural máis importante e forma parte das células vexetais.
Biomoléculas orgánicas: os lípidos
Son insolubles en auga e desempregan importantes funcións. Están formadas por carbono, hidróxeno e osíxeno. Hai varios tipos:
- Triglicéridos: formados por unha molécula de glicerina e tres de ácidos graxos. Almacenan gran cantidade de enerxía para as células.
- Ceras: repelen a auga e serven de illante e protexen da humidade.
- Fosfolípidos: conteñen ácido fosfórico. Forman parte das membranas celulares.
- Lípidos isoprenoides ou terpenos: vitaminas A,E e K.
- Esteroides: colesterol, vitamina D e hormonas sexuais.
Comentarios
Publicar un comentario