A célula animal e vexetal
A CÉLULA ANIMAL É moi complexa e ten moitos espazos internos delimitados por membranas onde se realizan diferentes funcións. Partes: -Membrana plasmática: formada por unha bicapa de lípidos, glícidos e proteínas. -Citosol: medio acuoso que envolve os compoñentes do citoplasma e o núcleo. -Citoesqueleto: conxunto de filamentos proteicos e microtúbulos do citoplasma. -Centríolos: estruturas exclusivas das células animais que forman parte do centrosoma. -Outras estruturas membranosas: mitocondrias, retículo endoplasmático liso e rugoso, aparato de Golgi, lisosomas, peroxisomas e vesículas. -Diferenciación celular: proceso mediante o que se forman células con aspectos diferentes e funcións distintas. Nas células animais a diversidade é moito maior (células epiteliasi, óseas, sanguíneas, nerviosas e musculares). A CÉLULA VEXETAL Características: Non teñen centríolos. Teñen unha parede celular pegada á membrana celular. Está...