Relacións tróficas nos ecosistemas
QUE SON AS RELACIÓNS TRÓFICAS
As relacións tróficas son as relacións de dependencia alimentaria establecidas entre os distintos organismos dun ecosistema.
As cadeas tróficas empréganse para representar de forma gráfica a transferencia da materia e enerxía entre os organismos. Nestes esquemas indícase a dirección que seguen a materia e a enerxía dende os seres autótrofos ata os descompoñedores, pasando por consumidores primarios e secundarios.
As cadeas tróficas ilustran só unha das moitas posibilidades da transferencia de materia e enerxía entre os organismos dun ecosistema, pero estas relacións son máis complexas.
Para representar todas as interrelacións tróficas entre os compoñentes dun ecosistme úsanse as redes tróficas (conxunto de cadeas tróficas interconectadas que expresan todas as posibles relacións alimentarias que se dan entre os posibles organismos dun ecosistema).
Cantos niveis tróficos son posibles?
O número de niveis tróficos dunha cadea trófica varía segundo o ecosistema, pero poden alcanzar un número elevado. A perda de enerxía a travé de niveis tróficos impide o desenvolvemento dun número elevado de organismos nos niveis superiores. O número máis frecuente de niveis é de catro ou cinco.
Esta perda de enerxía ao longo da cadea trófica fai aconsellable alimentarse dos alimentos procedentes dos niveis inferiores.
Desde o punto de vista enerxético é mellor alimentarse de vexetais que de animais que, á súa vez, se alimentan de plantas.
A PERDA DE ENERXÍA NOS ECOSISTEMAS
Cando un organismo inxire outro prodúcese unha transferencia de materia e enerxía. A transferencia de enerxía ocorre nunha soa dirección e non se recicla; a maioría pérdese en forma de calor. A materia recíclase.
A cantidade de enerxía que pasa dun nivel a outro varia desde o 5% (carnívoros) ata o 10% (herbívoros).
Como media considérase que o 10% da enerxía dun nivel queda dispoñible para o seguinte, polo que un 90% se perde nas funcións vitais e en forma de calor (regra do 10%).
As piramides ecolóxicos
A perda de materia e enerxía a través os seres vivos dun ecosistema é a causa da existencia dun maior número de organismos, e polo tanto, maior cantidade de materia e enerxía nos niveis tróficos inferiores que nos superiores.
Para repersentar esta diminución utilízanse as pirámides tróficas.
Existen varios tipos de pirámides: numéricas, de biomasa ou de enerxía.
Nalgúns casos poden ter forma invertida, no caso das pirámides numéricas. As pirámides de enerxía sempre teñen forma regular.
Tipos de pirámides ecolóxicas
-Pirámide numérica: representa o número de individuos de cada nivel trófico.
-Pirámide de biomasa: representa a cantidade de materia orgánica de cada nivel trófico.
-Pirámide de enerxía: representa a enerxía que existe en cada nivel trófico e a que se transfire aos niveis superiores.
Comentarios
Publicar un comentario