Adaptacións aos factores ambientais
QUE SON AS ADAPTACIÓNS
Ao longo da historia da Terra, os organismos adquiriron estruturas que lles permitiron sobrevivir nun medio e nunhas condicións ambientais determinadas (adaptacións ao medio).
Os individuos con menor capacidade de adaptación ao medio desapareceron.
Tipos de adaptacións
As adaptacións implican en moitos casos mutacións ou cambios xenéticos. Poden ser de tres tipos:
- De comportamento ou etolóxicas.
- Fisiolóxicas. Como a capacidade dalgúns animais de captar o osíxeno disolvido na auga ou de regular a temperatura.
- Morfolóxicas ou anatómicas.
FACTORES QUE AFECTAN Á ADAPTACIÓN
A adaptación tamén implica modificacións de comportamento que permita aos organismos relacionarse co resto dos seres vivos.
A adaptación a un factor concreto require moita cantidade de enerxía, o que dificulta que un mesmo organismo se adapte a máis dun medio.
Require menos cambios e menos gasto enerxético, sempre que as condicións non sexan extremas.
En zonas coma os Polos, fondos abisais ou desertos, os requerimentos enerxéticos que esixe a adaptación son moi grandes.
Adaptación e distribución xeográfica
A distribución xeográfica das especies depende da súa capacidade para adaptarse ás condicións ambientais.
Os limites nos que unha especie pode vivir son relativamente pequenos, e fóra deles a súa capacidade de supervivencia e de reprodución é reducida. Por iso, a maioría das especies só se localizan en zonas ás que están adaptadas.
ADAPTACIÓNS AO MEDIO ACUÁTICO
Animais
- A salinidade dos océanos inflúe directamente na estrutura e no funcionamento dos organismos que viven neles, así como nas migracións dos peixes. Segundo a súa adaptación á concentración salina podese clasificar os organismos en:
-Estenohalinos. Non están adaptados aos cambios de salinidade. A maioría habita zonas afastadas da costa. Son seres peláxicos ou oceánicos.
- Para desprazarse pola auga, os organismos acuáticos posúen unhas extremidades transformadas en aletas, ou dispoñen de membranas interdixitais, e os que nadan teñen corpo en forma de fuso.
- Para tomar osíxeno disolto na auga, os peixes posúen branquias. Algúns invertebrados acuáticos captan o osíxeno por difusión (directamente da auga).
- Para adaptarse aos cambios da presión da auga, moitos peixes posúen un órgano chamado vexiga natatoria que ao encherse ou baleirarse de gas permítelles ascender ou descender dentro da auga.
- Para localizarse entre si e detectar ás súas presas, os golfiños e outros cetáceos emiten sons e ultrasons. Mediante estridulación (fregando partes do seu corpo) ou fonación (soprando aire coa vexiga natatoria).
Plantas
- Carecen de raíces ou téñenas pouco desenvolvidas, xa que non teñen dificultade para conseguir nutrientes.
- Talos flexibles e herbáceos con escasos tecidos.
- Follas grandes con espazos intercelulares cargados de aire, para flotar máis facilmente e eliminar por transpiración o exceso de auga.
- Abundantes estomas na epiderme superior das follas flotantes e ausencia de estomas e pelos na epiderme das follas mergulladas.
Comentarios
Publicar un comentario