Ecosistemas representativos da nosa contorna

ECOSISTEMAS ACUÁTICOS E DE ECOTON

As praderías de posidonia

Forman o ecosistema máis importante do mar Mediterráneo, pero están moi ameazadas pola contaminación. 
Teñen gran importancia ecolóxica porque:
  • Son a principal fonte de osixenación.
  • As súas longas follas frean a ondada e atenúan o seu impacto nas praias.
  • Son o hábitat de centos de especies de animais.
  • Proporcionan acubillo, alimento e son lugar de reprodución de moitas especies.
Resultado de imaxes para: posidonia

A zona húmida As Tablas de Daimiel

É unha formación que se orixina polo desbordamento dos ríos Guadiana e Gigüela, favorecido pola falta de pendente do terreo e pola descarga de auga dun grande acuífero.
  • É unha importante zona de invernada e nidificación de aves migratorias. Mergullón cristado, mergullón pequeno, garzas...
  • As plantas acuáticas son o substrato básico das Tablas de Daimiel, e as únicas árbores presentes son os tamarix.
Resultado de imaxes para: tablas de daimiel

A marisma de Doñana

Situada á veira do Guadalquivir e no límite entre un ecosistema acuático e outro terrestre. Pertence ao Parque Nacional de Doñana, declarado Patrimonio da Humanidade en 1994.
É o espazo natural con maior biodiversidade de Europa:
  • Máis de 300 especies de aves, moitas de mamíferos (destaca o lince ibérico), reptiles, anfibios, peixes de auga doce e miles de invertebrados.
  • As marismas son chairas de auga doce e o bosque de coto é de tipo mediterráneo (abunda piñeiro manso e matogueira).
Resultado de imaxes para: marisma de doñana

ECOSISTEMAS TERRESTRES

A laurisilva canaria

O nome laurisilva débese á semellanza das follas das árbores que a compoñen coas follas de laurisilva, a pesar de que non todos son desta familia. É un ecosistema relicto do período Terciario.
As zonas máis importantes son o Parque Nacional de Garajonay, declarado Patrimonio da Humanidade en 1986, e Canal de Los Litos, declarado Reserva da Biosfera en 1983.
  • Son bosques característicos de zonas moi húmedas do arquipélago, con inmensas árbores cubertas de liques, musgos e fentos xigantes.
  • Á augade choiva que recibe, súmase a humidade da néboa que transportan os ventos alisios.
Resultado de imaxes para: laurisilva canaria

A devesa mediterránea

É un ecosistema que ten a súa orixe no bosque mediterráneo. Esténdese pola maior parte da Península e pola totalidade das Illas Baleares.
O clima é temperado e húmido no inverno e moi seco e caloroso no verán. As follas son duras ou esclerosadas, cubertas dunha grosa capa de cera para reter a auga e tamén protexer dos ataques dos herbívoros.
  • As especies arbóreas características son as aciñeiras, sobreiras e carbas.
  • A fauna é moi variada: raposos, cabras montesas, coellos...
Resultado de imaxes para: dehesa mediterranea

Os faiais atlánticos

As faias e os carballos son árbores de folla caduca, características do bosque atlántico. Invernos fríos e chuviosos e veráns temperados con frecuentes precipitacións.
  • A vexetación está adaptada á falta de luz, con follas grandes e numerosas estomas. Abeleiras, sobreiras e bidueiros. Estrato arbustivo herbáceo moi denso.
  • Fauna moi rica e variada: osos, xabarís, cervos, corzos, pita de monte...
Resultado de imaxes para: bosques atlanticos









Comentarios

Entradas populares de este blog

A división celular: mitose e citocinese

Como se reproducen as células?