Conceptos básicos en xenética
XENES E CARACTERES HEREDITARIOS
A xenética é a parte da bioloxía que estuda a herdanza dos caracteres, o comportamento dos xenes dentro das células e a súa transmisión de pais a fillos.
Os xenes son fragmentos de ADN que conteñen a información xenética responsable de cada un dos caracteres hereditarios. Transmítense de pais a fillos a través dos gametos que se producen na meiose.
Cada xene ten dúas alternativas denominados alelos, un en cada cromosoma homólogo. Os alelos localízanse na mesma posición do cromosoma.
INDIVIDUOS HOMOCIGÓTICOS E HETEROCIGÓTICOS
Os xenes e alelos represéntanse con letras. Cada individuo posúe dous alelos para cada carácter, cando estes alelos son iguais é homocigótico; distintos, heterocigótico ou híbrido.
Denomínase alelo dominante (A) ao que se denomina no fenotipo dos individuos heterocigóticos, e recesivo (a) ao que queda oculto nos heterocigóticos.
XENOTIPO E FENOTIPO
O xenotipo é o conxunto de xenes que posúe un individuo e que herdou dos pais. Mantense toda a vida.
O fenotipo é o conxunto de caracteres que manifesta un individuo. Depende do seu xenotipo. Existen factores ambientais aos que están expostos os individuos.
Fenotipo= xenotipo + factores ambientais
MÉTODOS PARA REPRESENTAR OS CRUZAMENTOS
Utilízanse para representar os cruzamentos e os resultados obtidos nunha ou varias xeracións sen necesidade de debuxar os cromosomas. O diagrama debe indicar:
- O tipo de cruzamento que se realiza.
- O xenotipo dos proxenitores.
- O fenotipo dos proxenitores.
- O xenotipo dos gametos que producirán os proxenitores.
- As distintas posibilidades de unión dos gametos durante a fecundación.
- O xenotipo e o fenotipo da descendencia.
Comentarios
Publicar un comentario