Como se determina o sexo
O SEXO DEPENDE DOS CROMOSOMAS X E Y
Nos humanos o sexo de cada individuo determínao unha parella de cromosomas (cromosomas sexuais).
Muller: xenotipo XX
Home: xenotipo XY.
Os cromosomas sexuais conteñen xenes que interveñen no desenvolvemento sexual.
A IMPORTANCIA DO XENE SRY NA DETERMINACIÓN DO SEXO MASCULINO
Os cromosomas sexuais non son homólogos, o cromosoma X e máis longo e ten máis xenes que o Y.
Os dous teñen unha rexión con xenes relacionados coa determinación do sexo e a formación dos órganos sexuais. O cromosoma X posúe xenes que controlan caracteres hereditarios (caracteres ligados de sexo).
Nun extremo do cromosoma Y está o xene SRY, responsable de que se desenvolvan no feto os órganos sexuais masculinos. Isto ocorre a partir das seis semanas de xestación.
Nun extremo do cromosoma Y está o xene SRY, responsable de que se desenvolvan no feto os órganos sexuais masculinos. Isto ocorre a partir das seis semanas de xestación.
ENFERMIDADES LIGADAS AO SEXO: A HEMOFILIA E O DALTONISMO
A hemofilia é unha enfermidade debida a un alelo recesivo no cromosoma X, caracterizado polo déficit dos factores de coagulación VII ou IX. Estas persoas padecen hemorraxias e sangrados frecuentes e deben recibir transfusións do factor de coagulación deficitario.
Non hai mulleres hemofílicas.
O daltonismo (tamén chamado cegueira para as cores verde e vermella) segue o mesmo tipo de herdanza xenética que a hemofilia. O número de homes con daltonismo é moito maior que o de mulleres.
Comentarios
Publicar un comentario