A división celular: mitose e citocinese
A MITOSE PRODUCE CÉLULAS FILLAS IDÉNTICAS Á CÉLULA NAI
-Mitose: división do núcleo celular para dar lugar a dúas células fillas con idéntica información xenética que a nai. Forma de reprodución asexual común ás células eucariotas.
Nos animais ocorre en case todos os tecidos, pero nas plantas só ocorre nos meristemas (tecidos encargados de dividirse e dar lugar aos demais tecidos da planta).
O movemento dos cromosomas durante a mitose está controlada polos centríolos e o fuso mitótico. Os cromosomas ancóranse ás fibras do fuso, que controlan a separación das cromátides e o seu desprazamento cara ás células fillas.
Fases:
-Profase: cromatina condensada forma cromosomas. Desaparece a envoltura nuclear e o nucléolo. Centríolos migran aos polos. Fórmase o fuso mitótico.
-Metafase: cromosomas insírense nos microtúbulos do fuso e dispóñense no centro da célula.
-Anafase: cromátides idénticas de cada cromosoma sepáranse. Fibras do fuso acúrtanse e arrastran ás cromátides aos polos da célula.
-Telofase: cromosomas nos polos celulares descondénsanse e forman cromatina. Aparece membrana nuclear e nucléolo. Desaparece o fuso.

A CITOCINESE
División do citoplasma entre as células fillas.
- Células animais: créase un anel contráctil de actina e miosina que estrangula a célula nai ata dar lugar ás fillas.
- Células vexetais: prodúcese a partir dun tabique de separación (fragmoplasto) formado pola fusión de vesículas do aparato de Golgi que máis tarde da lugar a unha nova parede celular.
Comentarios
Publicar un comentario