ORGÁNULOS MEMBRANOSOS Retículo endoplasmático Rede de sacos e túbulos intercomunicados. -Retículo endoplasmático rugoso: ten ribosomas na cara externa da membrana onde son sintetizadas as proteínas que logo pasan ao aparato de Golgi. -Retículo endoplasmático liso: carece de ribosomas. Elimina substancias tóxicas e produce lípidos. Lisosomas e peroxisomas Vesículas membranosas que conteñen encimas. Os lisosomas fan a dixestión intraceluar e, os peroxisomas, reaccións de oxidación. Aparato de Golgi Formado por grupos de cisternas membranosas con extremos ensanchados. Modifica proteínas e lípidos e distribúense polas vesículas á membrana, medio extracelular ou lisosomas. Cloroplastos Exclusivos das células vexetais. Neles prodúcese a fotosíntese. Mitocondrias Teñen dúas membranas. Respiración celular. Teñen ADN e ribosomas propios. ESTRUTURAS NON MEMBRANOSAS Ribosomas Formados por proteínas e ARNr. Sintetizan...
QUE SON AS RELACIÓNS TRÓFICAS As relacións tróficas son as relacións de dependencia alimentaria establecidas entre os distintos organismos dun ecosistema. As cadeas tróficas empréganse para representar de forma gráfica a transferencia da materia e enerxía entre os organismos. Nestes esquemas indícase a dirección que seguen a materia e a enerxía dende os seres autótrofos ata os descompoñedores, pasando por consumidores primarios e secundarios. As cadeas tróficas ilustran só unha das moitas posibilidades da transferencia de materia e enerxía entre os organismos dun ecosistema, pero estas relacións son máis complexas. Para representar todas as interrelacións tróficas entre os compoñentes dun ecosistme úsanse as redes tróficas (conxunto de cadeas tróficas interconectadas que expresan todas as posibles relacións alimentarias que se dan entre os posibles organismos dun ecosistema). Cantos niveis tróficos son posibles? O número de niveis tróficos dunha cadea trófica var...
As especies invasoras son especies foráneas que foron introducidas artificialmente, accidentalmente ou voluntariamente e que, despois de certo tempo, conseguen adaptarse ao medio e colonizalo. En moitos casosdesprazan ás especies autóctonas ou propias do medio. As especies nativas, ao non evolucionar en contacto con estas novas, non teñen estratexias para poder competir con elas e evitar ser desprazadas. A invasión de especies nas últimas décadas, debido ao aumento das comunicacións, converteuse nun problema global que afecta a todos os países. Os efectos aprécianse en todos os ecosistemas e nalgúns casos son irrebersibles. COMO CHEGAN AS ESPECIES EXÓTICAS AOS ECOSISTEMAS Nalgúns casos, estas especies poden chegar acccidental e indirectamente a través do comercio, o transporte, etc. Noutros casos, estas especies poden ser introducidas intencionadamente, como cando se importan como mascotas e logo se abandonan. Unha especie criada para facer abrigos Unha das primei...
Comentarios
Publicar un comentario