Estruturas e orgánulos da célula eucariota

ORGÁNULOS MEMBRANOSOS

Retículo endoplasmático

Rede de sacos e túbulos intercomunicados.

-Retículo endoplasmático rugoso: ten ribosomas na cara externa da membrana onde son sintetizadas as proteínas que logo pasan ao aparato de Golgi.

Resultado de imaxes para reticulo endoplasmatico rugoso microscopio electronico

-Retículo endoplasmático liso: carece de ribosomas. Elimina substancias tóxicas e produce lípidos.

Resultado de imaxes para reticulo endoplasmatico liso microscopio electronico

Lisosomas e peroxisomas

Resultado de imaxes para lisosomas y peroxisomas microscopio electronico

Vesículas membranosas que conteñen encimas. Os lisosomas fan a dixestión intraceluar e, os peroxisomas, reaccións de oxidación.

Aparato de Golgi

Resultado de imaxes para aparato de golgi microscopio electronico
Formado por grupos de cisternas membranosas con extremos ensanchados. Modifica proteínas e lípidos e distribúense polas vesículas á membrana, medio extracelular ou lisosomas.

Cloroplastos

Resultado de imaxes para cloroplasto microscopio electronico
Exclusivos das células vexetais. Neles prodúcese a fotosíntese.

Mitocondrias

Resultado de imaxes para mitocondria microscopio electronico
Teñen dúas membranas. Respiración celular. Teñen ADN  e ribosomas propios.

ESTRUTURAS NON MEMBRANOSAS

Ribosomas



Formados por proteínas e ARNr. Sintetizan as proteínas.

Inclusións

Acumulacións de materiais de reserva.

Centrosoma

Resultado de imaxes para centrosoma microscopio electronico
Ten dous centríolos dispostos de forma perperndicular un respecto do outro. Organización dos microtúbulos das células animais e formación do fuso durante a división celular.

Cilios e flaxelos

Resultado de imaxes para cilios y flagelos microscopio electronico
Prolongacións das células que teñen unha estrutura interna formada por pares de microtúbulos. Permiten o movemento das células libres ou do medo onde están células dos tecidos.

Citoesqueleto

Resultado de imaxes para citoesqueleto microscopio electronico
Rede proteica. Soporta ao citoplasma. Movemento celular.

-Microfilamentos: formados por actina. Contracción muscular e citocinese na división celular.

-Filamentos intermedios: formados por proteínas que axudan a manter a forma celular.

-Microtúbulos: estruturas ocas que forman o fuso mitótico e os cilios e flaxelos.



















Comentarios

Entradas populares de este blog

A división celular: mitose e citocinese

Como se reproducen as células?