Entradas

Os grandes ecosistemas terrestres: os biomas

Imagen
O bioma é o conxunto de zonas da Terra que teñen poboacións animais e vexetais similares. Cada bioma pódese estender por varios continentes, e en cada continente pídense atopar distintos biomas. BIOMAS DE CLIMAS FRÍOS A tundra Ocupa as zonas próximas aos círculos polares. As temperaturas son moi baixas todo o ano e as precipitacións caen en forma de neve. A vexetación arbórea é escasa. Durante unha gran parte do ano atópase cuberta de xeo.  Habitada por caribús, bois almiscreiros, osos polares...Entre os vexetais abundan liques,  A taiga Ocupa as zonas de Europa, Canadá e Asia próximas aos Polos. É o bioma máis grande. O clima é frío continental (invernos longos e moi fríos e veráns temperados e curtos), as choivas son escasas e en forma de neve no inverno. As coníferas son as súas árbores características (sobre todo piñeiros e abetos, de follas reducidas e perennes). Está habitada por renos, alces, caribús, osos negros, lobos, donicelas... O deserto f...

Os factores bióticos

Imagen
Os factores bióticos son as relacións que se establecen entre os organismos. Clasifícanse en intraespecíficas (entre individuos da mesma especie) e interespecíficas (entre individuos de distinta especie). AS RELACIÓNS INTRAESPECÍFICAS A súa finalidade é a protección das crías, a busca de alimento e a defensa. Poden ser: Coloniais.  Son as relacións que se establecen entre organismos que viven intimamente unidos, como os corais e as esponxas. Sociales.  Nelas establécese unha xerarquía e unha distribución de tarefas. Familiares. Son as que se establecen dentro dun grupo familiar, entre os proxenitores e a descendencia. Os seus fins son a alimentación, a cría e a protección dos máis débiles. Gregarias.  Son asociacións de organismos que se desprazan de forma conxunta, como ocorre nas bandadas de aves ou nos bancos de peixes. AS RELACIÓNS INTERESPECÍFICAS A competencia.  Esta relación dáse cando dous organismos utilizan o mesmo recurso....

Factores físicos, químicos e edáficos

Imagen
FACTORES FÍSICOS E QUÍMICOS A  luz A cantidade de luz é un factor moi importante para a distribución dos organismos fotosintetizadores.  As plantas tamén teñen adaptacións para poder captar a maior cantidade de luz posible.  Algunhas árbores desenvolven follas moi grandes. Determinadas plantas medran sobre o tronco doutras de maior tamaño para conseguir unha mellor iluminación. A luz inflúe na floración, na caída das follas e na transpiración das plantas, nas migracións dos animais, na síntese de vitamina D, no ciclo da auga e na formación de nubes. O osíxeno Atópase no aire e disolvido na auga, de onde o toman os organismos acuáticos. Neste medio é un dos factores que máis inciden na distribución e nas características dos organismos. No fondo das augas encharcadas e nas pouco batidas, a cantidade de osíxeno é moi baixa e os seres vivos escasean. En cursos rápidos e en augas pouco profundas ou frías, o osíxeno é máis abundante, o que permite a e...

Os factores ambientais do ecosistema

Imagen
TIPOS DE FACTORES DO ECOSISTEMA Factores bióticos:  relacións que se establecen entre os seres vivos dun ecosistema e que condicionan a súa propia existencia. Estas son necesarias para alimentarse, defenderse dos depredadores, reproducirse, desprazarse... Factores abióticos:  todos os factores ambientais dun ecosistema (no medio acuátcio algúns son a luz, a salinidade e a presión; no medio terrestre os máis destacables son o tipo de solo, a temperatura, a humidade e a luz). OS FACTORES AMBIENTAIS E OS SERES VIVOS Os factores ambientais, ou abióticos, condicionan a distribución, o tamaño, o número e mesmo a capacidade reprodutiva dos seres vivos. Destacan: Factores climáticos:  temperatura e humidade. Factores físicos e químicos:  luz, salinidade, presión e concentración de osíxeno. Factores relacionados co solo, ou edáficos:  como tipo de rocas e materiais que o forman. FACTORES CLIMÁTICOS O clima é o conxunto de condicións a...

Ecosistemas representativos da nosa contorna

Imagen
ECOSISTEMAS ACUÁTICOS E DE ECOTON As praderías de posidonia Forman o ecosistema máis importante do mar Mediterráneo, pero están moi ameazadas pola contaminación.  Teñen gran importancia ecolóxica porque: Son a principal fonte de osixenación. As súas longas follas frean a ondada e atenúan o seu impacto nas praias. Son o hábitat de centos de especies de animais. Proporcionan acubillo, alimento e son lugar de reprodución de moitas especies. A zona húmida As Tablas de Daimiel É unha formación que se orixina polo desbordamento dos ríos Guadiana e Gigüela, favorecido pola falta de pendente do terreo e pola descarga de auga dun grande acuífero. É unha importante zona de invernada e nidificación de aves migratorias. Mergullón cristado, mergullón pequeno, garzas... As plantas acuáticas son o substrato básico das Tablas de Daimiel, e as únicas árbores presentes son os tamarix. A marisma de Doñana Situada á veira do Guadalquivir e no límite entre un ecosistem...

A biosfera e os ecosistemas

Imagen
A VIDA NA TERRA A diversidade de seres vivos que caracteriza ao noso planeta foi posible grazas ás condicións ambientais da Terra. As máis importantes son: A existencia dunha atmosfera protectora contra as radiacións. Unha distancia ao Sol que proporciona a temperatura adecuada. Unha achega continua de enerxía solar necesaria para o funcionamento do sistema terrestre. A existencia de auga en estado líquido. A zona da Terra habitada por seres vivos, que ocupa practicamente todo o planeta, chámase biosfera. QUE É UN ECOSISTEMA Un sistema é o conxunto de elementos interrelacionados que funcionan coordinadamente. A Terra é un sistema integrado por distintos elementos físicos e biolóxicos interdependentes, moi complexos e que se manteñen nun equilibrio inestable. Para estudar e comprender mellor o funcionamento da biosfera estableceuse o termo de ecosistema. Un ecosistema é un sistema constituído por organismos que se relacionan entre eles e co espazo no que se ...

O ecosistema e os factores ecolóxicos

Imagen
Neste tema imos falar dos elementos que integran un ecosistema e o tipo de factores que condicionan a súa existencia e estabilidade.