A biosfera e os ecosistemas

A VIDA NA TERRA

A diversidade de seres vivos que caracteriza ao noso planeta foi posible grazas ás condicións ambientais da Terra. As máis importantes son:
  • A existencia dunha atmosfera protectora contra as radiacións.
  • Unha distancia ao Sol que proporciona a temperatura adecuada.
  • Unha achega continua de enerxía solar necesaria para o funcionamento do sistema terrestre.
  • A existencia de auga en estado líquido.
A zona da Terra habitada por seres vivos, que ocupa practicamente todo o planeta, chámase biosfera.

Resultado de imaxes para: biosfera

QUE É UN ECOSISTEMA

Un sistema é o conxunto de elementos interrelacionados que funcionan coordinadamente.

A Terra é un sistema integrado por distintos elementos físicos e biolóxicos interdependentes, moi complexos e que se manteñen nun equilibrio inestable. Para estudar e comprender mellor o funcionamento da biosfera estableceuse o termo de ecosistema.

Un ecosistema é un sistema constituído por organismos que se relacionan entre eles e co espazo no que se instalan.

Ecosistemas naturais e artificiais

A especie humana foi capaz, na época moderna, de transformar os ecosistemas naturais e o conxunto da biosfera e crear espazos onde viven comunidades de seres vivos.
Estes espazos poden ser considerados como artificiais. A súa principal característica é que son insustentables a longo prazo.

Resultado de imaxes para: city

ELEMENTOS QUE INTEGRAN UN ECOSISTEMA

  • Biocenose. Conxunto de seres vivos que habitan nun lugar ou ambiente determinado.
  • Biótopo. Lugar ou espazo físico sobre o que se asenta a biocenose.
Os seres vivos dun ecosistema pertencen a reinos distintos e agrúpanse en diferentes especies.
O concepto "especie" fai referencia a un conxunto de individuos con características físicas semellantes, capaces de reproducirse entre si e producir descendencia fértil.
A bioloxía molecular permitiu clasificar aos organismos en especies tamén pola súa composición química.

Os seres vivos agrúpanse

Todos os seres vivos que poboan a terra agrúpanse formando entidades cada vez máis complexas. Isto proporciónalles vantaxes para a supervivencia e a reprodución. Segundo a cantidade de individuos e o número de especies que as integran, as agrupacións máis importantes dos seres vivos son:
  • Poboacións. Grupos de organismos da mesma especie que viven nunha área e nun tempo determinados.
Resultado de imaxes para: ants

  • Comunidades. Agrupacións de poboacións de distintas especies que viven nun lugar determinado, entre as que se establecen relacións de interdependencia, como tamén sucede nas poboacións.
Resultado de imaxes para: comunidad  bosque









Comentarios

Entradas populares de este blog

A división celular: mitose e citocinese

Como se reproducen as células?