As especies invasoras e as especies clave
As especies invasoras son especies foráneas que foron introducidas artificialmente, accidentalmente ou voluntariamente e que, despois de certo tempo, conseguen adaptarse ao medio e colonizalo. En moitos casosdesprazan ás especies autóctonas ou propias do medio. As especies nativas, ao non evolucionar en contacto con estas novas, non teñen estratexias para poder competir con elas e evitar ser desprazadas. A invasión de especies nas últimas décadas, debido ao aumento das comunicacións, converteuse nun problema global que afecta a todos os países. Os efectos aprécianse en todos os ecosistemas e nalgúns casos son irrebersibles. COMO CHEGAN AS ESPECIES EXÓTICAS AOS ECOSISTEMAS Nalgúns casos, estas especies poden chegar acccidental e indirectamente a través do comercio, o transporte, etc. Noutros casos, estas especies poden ser introducidas intencionadamente, como cando se importan como mascotas e logo se abandonan. Unha especie criada para facer abrigos Unha das primei