Entradas

As especies invasoras e as especies clave

Imagen
As especies invasoras son especies foráneas que foron introducidas artificialmente, accidentalmente ou voluntariamente e que, despois de certo tempo, conseguen adaptarse ao medio e colonizalo. En moitos casosdesprazan ás especies autóctonas ou propias do medio. As especies nativas, ao non evolucionar en contacto con estas novas, non teñen estratexias para poder competir con elas e evitar ser desprazadas. A invasión de especies nas últimas décadas, debido ao aumento das comunicacións, converteuse nun problema global que afecta a todos os países. Os efectos aprécianse en todos os ecosistemas e nalgúns casos son irrebersibles. COMO CHEGAN AS ESPECIES EXÓTICAS AOS ECOSISTEMAS Nalgúns casos, estas especies poden chegar acccidental e indirectamente a través do comercio, o transporte, etc. Noutros casos, estas especies poden ser introducidas intencionadamente, como cando se importan como mascotas e logo se abandonan. Unha especie criada para facer abrigos Unha das primei

As sucesións ecolóxicas

Imagen
As comunidades de seres vivos que habitan un ecosistema determinado cambian ao longo do tempo, baixo a influencia de factores ambientais tanto bióticos como abióticos. A sucesión ecolóxica é a secuencia ordenada dos cambios que sofre unha comunidade ata que consegue chegar a un estado estabilidade. Prodúcense porque os seres vivos de cada unha das etapas da sucesión modifican o ambiente, que se transforma noutro máis favorable para a existencia doutros organismos vivos.

Autorregulación das poboacións

Imagen
CRECEMENTO DUNHA POBOACIÓN Unha poboación é o conxunto de seres dunha mesma especie que viven nun ecosistema. As poboacións dun ecosistema tenden a aumentar de tamaño e chegar a un número que se mantén máis ou menos constante. En condicións ideais de laboratorio, unha poboación pode crecer indefinidamente sempre que dispoña de nutrientes ilimitados. Na natureza existen factores que limitan o crecemento. Cando unha poboación alcanza o maior número de individuos que pode soportar o medio (capacidade de de carga) manténse en equilibrio. Factores que limitan o crecemento dunha poboación Hai diferentes factores limitantes que controlan o crecemento dunha poboación. Entre os factores ambientais destacan os dependentes e independentes da densidade. É difícil separar estes dous tipos de factores xa que, a miúdo, actúan conxuntamente ou interfiren nos efectos que producen por separado. Factores dependentes da densidade de poboación O factor máis importante son as en

Os ecosistemas autorregúlanse

Imagen
EQUILIBRIO E REGULACIÓN NOS ECOSISTEMAS Os ecosistemas son comunidades máis ou menos estables nas que o número de seres que as compoñen se mantén constante. Hai factores abióticos e bióticos que limitan o crecemento das poboacións que o constitúen, de xeito que estas se manteñen en equilibrio (autorregulación). Entre os factores abióticos atópanse os recursos dispoñibles (luz, superficie de solo, temperatura...). Os factores bióticos que regulan a cantidade de organismos nun ecosistema son as relacións entre eles, especialmente tróficas. Perturbación e estabilidade dos ecosistemas Chámaselle perturbación á alteración na estrutura e no funcionamento dos ecosistemas. Os ecosistemas posúen tres mecanismos de reacción ante as perturbacións: Resilencia.  Capacidade de volver ao estado inicial despois de sufrir unha perturbación de vital importancia para a estabilidade do ecosistema. Resistencia.  Capacidade do ecosistema de absorber o efecto dunha perturbación sen que s

Relacións tróficas nos ecosistemas

Imagen
QUE SON AS RELACIÓNS TRÓFICAS As relacións tróficas son as relacións de dependencia alimentaria establecidas entre os distintos organismos dun ecosistema. As cadeas tróficas empréganse para representar de forma gráfica a transferencia da materia e enerxía entre os organismos. Nestes esquemas indícase a dirección que seguen a materia e a enerxía dende os seres autótrofos ata os descompoñedores, pasando por consumidores primarios e secundarios. As cadeas tróficas ilustran só unha das moitas posibilidades da transferencia de materia e enerxía entre os organismos dun ecosistema, pero estas relacións son máis complexas. Para representar todas as interrelacións tróficas entre os compoñentes dun ecosistme úsanse as redes tróficas (conxunto de cadeas tróficas interconectadas que expresan todas as posibles relacións alimentarias que se dan entre os posibles organismos dun ecosistema). Cantos niveis tróficos son posibles? O número de niveis tróficos dunha cadea trófica var

Os ciclos da materia

Imagen
O CICLO DO NITRÓXENO Xunto ao carbono, o osíxeno e o hidróxeno, o nitróxeno é un macroelemento indispensable para sintetizar proteínas e ácidos nucléicos. O nitrñoxeno é moi abundante na atmosfera en forma de gas, pero os organismos produtores non poden usar o gas, senón inxerilo en forma de sales minerais disolvidos chamados nitratos. Para que o nitróxeno atmosférico e o contido nos excrementos animais e nos restos vexetais se incorpore á materia orgánica e volva á atmosfera, pechando o ciclo, e necesaria a intervención de bacterias. Tipos de bacterias que intereñen no ciclo do nitróxeno: Bacterias fixadoras de nitróxeno:  son capaces de absorver o nitróxeno atmosférico e transformalo en amoníaco. Son simbióticas das raíces de moitas plantas e outras que habitan no chan. Bacterias nitrificantes:  capaces de transfromar o amoníaco do proceso anterior e dos restos orgánicos en nitritos. e estes en nitratos (forma do nitróxeno xa utilizable polas plantas). Bacterias desnitrif

Os ecosistemas necesitan materia e enerxía

Imagen
A MATERIA CONTÉN ENERXÍA Os ecosistemas funcionan como factorías que requiren materia e enerxía. A materia contén a enerxía necesaria para o devandito funcionamento. O Sol é a principal fonte enerxética para a maioría dos seres vivos dos ecosistemas. Este tipo de enerxía é captada, grazas a pigmentos como a clorofila, polos seres autótofros e transferida ao resto dos seres vivos en forma de enerxía química, propia das moléculas orgánicas. Tamén hai organismos capaces de obter a enerxía que se desprende nalgunhas reaccións químicas (quimiosintetizadores). A materia e a enerxía A materia existe nos ecosistemas baixo distintas formas . É limitada, polo que debe reciclarse continuamente. Pasa do medio aos seres vivos e viceversa, describindo ciclos. Por iso  na natureza é necesario que se reciclen certos compostos químicos. Cando os seres vivos deixan de existir, os organismos descompoñedores, reciclan a materia orgánica transformándoa en inorgánica, permitindo que volva est