Teorías evolucionistas

PRIMEIRAS TEORÍAS EVOLUCIONISTAS: O LAMARCKISMO

O francés Jean Baptiste Lamarck opúxose á teoría fixista e deduciu que os trazos das especies parecían cambiar de maneira gradual ao longo do tempo. Esta teoría foi coñecida como transformismo ou teoría dos caracteres adquiridos.

Resultado de imaxes para: jean baptiste lamarck

Postulados da teoría de Lamarck

  • A función crea o órgano. Os organismos esfórzanse para adaptarse as variacións das condicións do medio no que viven, polo que desenvolven progresivamente os órganos que máis utilizan para realizar unha das determinadas funcións, e os órganos menos usados atrofianse.
  • Os órganos ou os caracteres adquiridos durante a vida hérdanse: As novas características adquiridas por un individuo ao longo da súa vida son transmitidas aos descendentes e, co tempo, vanse producindo cambios ou transformacións graduais que van modificando as especies.     
Os coñecementos actuais sobre a herdanza dos caracteres demostran que a teoría de Lamarck é incorrecta, xa que os caracteres herdables son só aqueles que se atopan nos xenes.

A TEORÍA DA EVOLUCIÓN DE DARWIN E WALLACE

Na segunda metade do século XIX, os naturalistas ingleses Charles Darwin e Alfred Wallace dan a coñecer a teoría que fundamenta actualmente a base da explicación do proceso da evolución biolóxica.

                                                Resultado de imaxes para: darwin Resultado de imaxes para: wallace

Ideas básicas do darwinismo

  • Hai unha loita de supervivencia entre os organismos. A maior parte das especies tende a producir o maior número de descendentes posible, pero ao haber recursos limitados no medio prodúcese unha competencia entre membros da especie para obter alimentos e reproducirse.
  • Hai unha gran variabilidade entre os individuos dunha mesma poboación. Entre individuos da mesma especie que conforman unha poboación pode haber diferenzas. A maioría dos caracteres son herdables.
  • O medio selecciona os organismos mellor adaptados. Os individuos dunha poboación que presenten algunha variación que lles confire certa vanatxe son os que sobreviven nun ambiente adverso.
  • As especies evolucionan. Os individuos mellor adaptados son os que se reproducen e transmiten os seus caracteres máis ventaxosos á descendencia. Así, as variacións acumúlanse xeración tras xeración e orixínanse novas especies de forma continua e gradual.
Resultado de imaxes para: evolution of giraffe according to darwin

        

Comentarios

Entradas populares de este blog

A división celular: mitose e citocinese

Como se reproducen as células?