Orixe da especie humana

As características que diferencian a nosa especie dos outros primates é o resultado dun longo proceso evolutivo: a humanización.

O PROCESO DE HOMINIZACIÓN

Caracterízase por cambios anatómicos, reprodutivos e no dessenvolvemento e cambios xenéticos.

Algúns camibios anatómicos

  • Adquisición dunha postura bípede ou ergueita: relaciónase cun cambio climático, polo que se pasou dunha selva a unha sabana árida e que obrigou a un grupo de primates a cambiar a súa vida arbórea para camiñar en grandes espazos abertos.
                                                   Resultado de imaxes para: paso de primates a bipedismo
  • Cambio na función das extremidades: as mans libéranse co bipedismo. Progresivamente, as mans gañan mobilidade, os dedos alónganse, o polgar oponse ao resto dos dedos, adquiren máis precisión e transfórmase nun órgano manipulador e preńsil. As extremidades inferiores destínanse só a actividades locomotoras, polo que se alongan; o pé convértese en plantígrado e o polgar oriéntase paralelo aos outros. 
  • Remodelación do rostro e da dentición: como consecuencia da diversificación da dieta as pezas dentarias sofren menos desgaste e van reducindo o seu tamaño progresivamete.
Resultado de imaxes para: remodelacion denticion de los primates evolucion 

Desenvolvemento do encéfalo e da linguaxe

  • Adquisición dunha maior complexidade do encéfalo. A capacidade cranial aumenta progresivamente, polo que aumenta ao número de neuronas.
Resultado de imaxes para: evolucion cerebro humano
  • Aparición e desenvolvemento da linguaxe. Maior fito da evolución humana. Permitiu a transmisión de ideas e coñecementos entre individuos. Así comeza a evolución cultural que influíu no desenvolvemento das poboacións humanas modernas.

CAMBIOS REPTODUTIVOSE NO DESENVOLVEMENTO

  • Sexo diferenciado doutros animais.A especie humana tivo moito éxito reprodutivo que permitiu un número progresivamente máis grande de contactos sexuais e unha maior fertilidade das femias. A gran variabilidade de gametos resultante da recombinación xénica favoreceu a diversidade de individuos e a capacidade de adaptación a unhas condicións ambientais cambiantes.
  • Un longo período de maduración. O ciclo da vida dos seres humanos caracterízase pola existencia de fases. As criás nacen indefensas e necesitan atencións e cooperación entre individuos adultos para proporcionarlles alimento e defensa.
Resultado de imaxes para: mono bebe con su mama

CAMBIOS XENÉTICOS

A especie humana ten un 98% de ADN común cos chimpancés, polo que se pode deducir que os humanos e os chimpancés proceden dun antecesor común máis recente que o antecesor dos gorilas e dos chimpancés.
As diferencias entre os humanos e os chimpancés son maiores polas mutacións como consecuencia de insercións e supresións ed ADN, que provocan diferencias xenéticas entre as dúas especies.

Resultado de imaxes para: chimpance











Comentarios

Entradas populares de este blog

A división celular: mitose e citocinese

Como se reproducen as células?