O xénero Homo
HOMO HABILIS
Este primeiro Homo non difería moito dos Australophitecus. Xurdiu en África fai 2,5 millóns de anos, coincidindo cun arrefriamento do planeta, unha diminución da zona arborada e a aparición da sabana. Este ambiente propiciou a aparición de seres adaptados a unha alimentación máis variadas e a espazos máis abertos, facilitado polo aumento do cerebro.
Xa era capaz de pensar e fabricar ferramentas.
Homo ergaster e Homo erectus
- Homo ergaster. Apareceu entre hai 1,8 e 1,4 millóns de anos e posuía un certo parecido cos actuais seres humanos. Hai un gran número de fósiles desta especie. Estendeuse por moitos lugares de África e aumentou a súa poboación notablemente. O seu tamaño era semellante ao dos seres humanos actuais, a cara máis longa e prominente, igual que a fronte e os arcos supraciliares. Tiña molares robustos.
- Homo erectus. Considérase a mesma especie que o Homo ergaster, pero localizada fóra de África. Dispersouse por outros moitos lugares de Asia. Tiña escasa capacidade cerebral.
HOMO ANTECESSOR E HOMO HEIDELBERGENSIS
En Atapuerca foron descubertos os restos humanos máis antigos de Europa. Posúen trazos similares aos humanos actuais e a outras especies africanas. Esta especie foi denominada Homo antecessor.
Tamén en Atapuerca se atoparon restos de 28 humanos de 400 000 anos de antigüidade. Segundo as últimas publicacións, as probas de ADN nuclear demostraron que estes homínidos son neandertais atopáronse amontoados intencionadamente, polo que se cre que a sima foi utilizada como cemiterio.
HOMO NEANDERTHALESIS
Fai entre 150 000 e 40 000 anos desenvolveuse o Home de Neandertal, que viviu en Europa, Oriente Próximo e nas estepas rusas, nun período de glaciacións, cando estas terras estaban en parte cubertas por casquetes de xeo.
Tiña unha gran fortaleza e potencia física. Era moi robusto, aínda que máis pequeno que os seus antepasados. Tiña pernas e brazos curtos, adaptados a un clima xélido e a unha vida en constante movemento.
O cranio proxecta a cara cara adiante e contén orificios nasais grandes, e a fronte non é vertical. Tiña unha capacidade cranial igual ou superior á nosa. Eran cazadores hábiles de animais grandes e usaban ferramentas de pedra moi especializadas.
Homo sapiens
Fai 250 000 anos, en África habitaba un humano con moitas características semellantes á nosa especie, o Homo rhodesiensis.
En Herto, atopáronse os Homo sapiens máis antigos. Ten moito éxito reprodutivo, e en poucos milenios terminou por ocupar todas as rexións do mundo. A este novo humano chámaselle en Europa Home de Cromañón.
Morfoloxía e anatomía do Homo sapiens
Xa tiñan o cranio avultado e un cerebro de preto de 1 450 cm3 . A súa cara era plana e vertical; a fronte levantouse e os arcos supracilares reducíronse e suavizáronse. O queixo volveuse prominente e o aparello mastigador reduciuse. A columna arqueouse para soportar unha cabeza pesada. A man afinouse e o pé consegiu un mellor apoio no chan. Tiña unha altura aproximada de 1,70 m. As extremidades inferiores alongáronse de xeito considerable.
Comentarios
Publicar un comentario