Novas teorías evolucionistas
O NEODARWINISMO OU TEORÍA SINTÉTICA DA EVOLUCIÓN
Foi proposta por varios autores que harmonizaron a principios do século XX a teoría da selección de Darwin cos descubrimentos en xenética e outras áreas da bioloxía.
Principais axentes do neodarwinismo
- A causa da variabilidade biolóxica observada por Darwin débese a mutacións e á recombinación xenética da meiose e que orixina novas combinacións de xenes nos descendentes.
- A selección natural actúa sobre a variabilidade xenética. Os individuos dunha poboacións son portadores de diferentes alelos responsables do seu fenotipo.
- A evolución prodúcese gradualmente como resultado dos pequenos cambios nas frecuencias dos distintos alelos dunha poboación.
- A unidade evolutiva non é o individuo, senón a poboación.
TEORÍA NEUTRALISTA OU NEUTRALISMO
O xenetista xaponés Motoo Kimura propuxo a teoría neutralista ou neutralismo en 1970:
- Moitos dos cambios que se producen no ADN son neutros á selección natural. A maioría das mutacións que sofren os xenes non son boas nin malas dende o punto de vista da selección, polo que non varían o nivel de supervivencia dunha especie.
- O azar é o que produce as variacións, non a selección natural.
TEORÍA DO EQUILIBRIO PUNTUADO OU SALTACIONISMO
Proposta polos paleontólogos Stephen Jay Gould e Niles Eldredge.
- A evolución das especies non ten lugar de maneira gradual, senón que se produce de forma moi irregular, a saltos.
- A ausencia de pasos intermedios no rexistro fósil corresponde á falta real destas fontes intermedias.
Comentarios
Publicar un comentario