As probas da evolución

PROBAS ANATÓMICAS

Baséanse no estudo de similitudes e diferencias dun mesmo órgano en distintas especies para comprobar posibles relacións de paretesco.

Órganos homólogos

A pesar de ter unha estrutura interna semellante, están adaptados para realizar funcións distintas. Son estruturas herdadas dun antepasado común.

Órganos humanos

Teñen unha constitución anatómica diferente pero teñen semellanzas por desempregar a mesma función. Teñen unha orixe distinta.

                                    Resultado de imaxes para: comparacion huesos humanos con animales

PROBAS BIOXEOGRÁFICAS

Fundaméntanse no estudo da distribución xeográfica das especies. A teoría da evolución sostén que os individuos que habitan xuntos evolucionan dun xeito semellante, mentres que os que viven en zonas illadas, canto máis dure este illamento, máis probabilidade teñen de evolucionar de formas distintas. 
                                              Resultado de imaxes para: distribucion geografica camelidos

PROBAS EMBRIOLÓXICAS

Baséanse no estudo comparado do desenvolvemetno embrionario dos animais para descubrir semellanzas e intentar deducir parentescos evolutivos.
Resultado de imaxes para: comparacion de embriones de vertebrados

PROBAS PALEONTOLÓXICAS

Estudo comparativo de fósiles, restos de seres vivos que existiron nos diferentes períodos xeolóxicos.
Resultado de imaxes para: evolucion caballo


PROBAS RECENTES DA EVOLUCIÓN: PROBAS MOLECULARES

  • Uniformidade na composición química dos sers vivos. Ao comparar distintos organismos a nivel molecular maniféstase a unidade química que indica a existencia de devanceiros comúns a todos eles.
  • Secuencias de proteínas e de ADN. Ao comparar secuencias de aminoácidos de proteínas ou secuencias de nucleótidos de ADN de distintas especies obténse información do seu parentesco evolutivo. Canto menor é o número de diferenzas detectadas, maior será o parentesco.

















Comentarios

Entradas populares de este blog

A división celular: mitose e citocinese

Como se reproducen as células?