Os parentes próximos da especie humana
OS PREHOMÍNIDOS
A partir da desaparición, distintos mamíferos tiveron moito éxito reprodutivo.
Hai restos fósiles de especies de monos evolucionados de entre 7 e 5 millóns de anos, con notables progresos no bipedismo e ben adaptados a situacións cambiantes do clima.
OS PRIMEIROS HOMÍNIDOS: OS AUSTRALOPITHECUS
Hai uns 4,5 millóns de anos apareceron os primeiros homínidos, so asutralophitecus. Diferéncianse dúas liñas, uns de tipo moi robusto (parantropos) e outros máis gráciles, que serían os que se supón que van a evolucionar cara ao xénero Homo.
CARACTERÍSTICAS FÍSICAS
Eran bípedes, xa que as pegadas das súas pisadas demostran que camiñaban dereitos.
Tiñan a cara ancha e plana e un cerebro un pouco maior que o dos chimpancés. As mandíbulas tiñan molares grandes e grosos para triturar raíces e froitos secos. Tiñan as pernas curtas e as femias non superaban o metro de altura, mentres que os machos chegaban ao metro e medio. Tiñan mans parecidas ás dos humanos e podían coller obxectos.
Árbores filoxénicas
Son árbores que amosan gráficamente as relacións evolutivas entre varias especies que teñen un devanceiro común. Cada rama terminal da árbore representa a unha especie. Os puntos de ramificación representan a diverxencia de dous ou máis grupos a partir dun devanceiro común. O grao de parentesco determínase desde as ramas superiores ás inferiores.
Como se interpreta unha árbore filoxenética?
A raíz inferior representa o devanceiro común, e as puntas das ramas representan os descendentes daqueles devanceiros. A medida que se ascende pola árbore desde a raíz ata as puntas das ramas avánzase no tempo. Cada vez que unha liña bifurca interpretamos que se produciu un proceso de especiación, que se representa dentro da árbore mediante unha nova rama.
Comentarios
Publicar un comentario