Outras teorías sobre a orixe da vida
TEORÍA DA XÉNESE MINERAL
A teoría de Oparin e Haldane segue a ser a máis aceptada para explicar a orixe da vida, aínda que perfeccionada e con modificacións.
É probable que fosen necesarios certos minerais que actuarían de soporte para permitir que as moléculas orgánicas pequenas se unisen entre elas e orixinasen as grandes moléculas biolóxicas. Crese que esta unión tivo lugar en zonas arxilosas.
TEORÍA DA PANSPERMIA
Supón que os primeiros microorganismos que habitaron a Terra se orixinaron no espacio exterior e chegaron ao noso planeta no interior de meteoritos que chocaban contra a superficie terrestre, e que logo se desenvolveron grazas ás condicións favorables, e a partir delas formáronse o resto dos seres vivos.
Hai estudos actuales que suxiren que a vida terrestre é o resultado dunha choiva de moléculas orgánicas sintetizadas no medio interestelar e que precipitou sobre a Terra primitiva.
Comentarios
Publicar un comentario