A evolución dos seres vivos
Ata o século XIX prevalecen as teorías denominadas fixistas que foran substituídas polas teorías evolucionistas aceptadas na actualidade.
O fixismo e o catastrofismo
O fixismo e o creacionismo sostiñan que as especies non cambian e que se manteñen inalterables ao longo do tempo.
Segundo esta teoría, as especies que poboan a Terra serían tal e como as coñecemos desde a súa orixe, sen variacións.
O incesante descubrimento de fósiles en determinados lugares foi un contratempo para esta teoría porque se trataban de restos de organismos que existiran, algúns dos cales desapareceran.
Para xustificar a existencia destas especies desaparecidas, o naturalista Georges Cuvier propuxo a teoría do catastrofismo.
Segundo esta teoría, ao longo da historia da Terra ocorreron catástrofes naturais a escala planetaria que causaron a extinción súbita de especies que estiveron moito tempo sen cambiar.
O PREEVOLUCIONISMO
A finais do século XVIII, Georges Leclerc ofreceu a primeira versión naturalista da historia da Terra. Sostiña que os seres vivos se transformaban ou evolucionaban debido a factores ambientais. Denominouna teoría das transformacións infinitas, e recoñeceu que as especies experimentaban variacións e que algunhas desaparecían. Tería unha gran influencia en naturalistas posteriores.
Comentarios
Publicar un comentario