Socialización e cultura dos primeiros humanos

A IMPORTANCIA DO GRUPO

Os homínidos organizaron as sociedades primirivas impoñendo normas e condutas. Dividiron os distintos traballos entre grupos de homes ou de homes e mulleres. A unión do grupo era fundamental para ter éxito na prolongación da vida dos individuos.

A ORGANIZACIÓN SOCIAL: O PAPEL DAS MULLERES E DOS HOMES

As mulleres foron moi importantes na organización social. Ademais de parir e coidar dos fillos, ocupábanse dos labores domésticos e de conservar e mellorar o hábitat. Facían traballos de carrexo e recolección, colaboraron na caza e transmitían as ensinanzas do grupo aos seus fillos no período infantil.
As funcións dos homes concretáronse na condución do grupo polo territorio, na organización e execución dos plans de caza e noutrs actividades para conseguir distintos alimentos e materiais para as actividades do grupo.

Resultado de imaxes para: mujeres en la prehistoria

A TALLA DA PEDRA

Polas diferentes formas de tallar a pedra que o ser humano foi prefeccionando, foise adquirindo unha verdadeira tecnoloxía lítica. As súas variacións no tempo permiten diferenciar as distintas culturas arqueolóxicas. 
A etapa prehistórica da utilización de pedras polo ser humano chámase Paleolítico.

Resultado de imaxes para: piedras talladas en la prehistoria

A CAZA

Foi unha actividade humana de importancia trascendental para o seu desenvolvemento físico e cerebral, aínda que tamén con repercusións negativas, xa que os humanos provocaron a desaparición de moitas especies co tempo. Nun primerio momento os humanos tiveron unha dieta vexetariana ou omnívora, cosa que foi cambiando cara á carnivora de animais mortos ou cazados. 
O home de Neandertal e o Homo sapiens especializáronse na caza de especies concretas de animais, que seguían nos seus desprazamentos, xoma os renos, cabalos ou cabras.

Resultado de imaxes para: caza prehistoria

O LUME

Dende hai un millón de anos, o ser humano comezou a producir o lume. Primeiro coñeceríao polos incendios, que eran debidos aos raios das tormentas, así como tamén a consecuencia dos volcáns.

Máis tarde, fregando paus, aprendeu a producir as brasas, que co soprido se converterían en chamas. Tamén golpeando pedrass saltarían faíscas que producirían lumes controlados.

Con isto comezaron a técnica de cociñar alimentos.

Resultado de imaxes para: fuego prehistoria














Comentarios

Entradas populares de este blog

A división celular: mitose e citocinese

Como se reproducen as células?