Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2020

A biosfera e os ecosistemas

Imagen
A VIDA NA TERRA A diversidade de seres vivos que caracteriza ao noso planeta foi posible grazas ás condicións ambientais da Terra. As máis importantes son: A existencia dunha atmosfera protectora contra as radiacións. Unha distancia ao Sol que proporciona a temperatura adecuada. Unha achega continua de enerxía solar necesaria para o funcionamento do sistema terrestre. A existencia de auga en estado líquido. A zona da Terra habitada por seres vivos, que ocupa practicamente todo o planeta, chámase biosfera. QUE É UN ECOSISTEMA Un sistema é o conxunto de elementos interrelacionados que funcionan coordinadamente. A Terra é un sistema integrado por distintos elementos físicos e biolóxicos interdependentes, moi complexos e que se manteñen nun equilibrio inestable. Para estudar e comprender mellor o funcionamento da biosfera estableceuse o termo de ecosistema. Un ecosistema é un sistema constituído por organismos que se relacionan entre eles e co espazo no que se

O ecosistema e os factores ecolóxicos

Imagen
Neste tema imos falar dos elementos que integran un ecosistema e o tipo de factores que condicionan a súa existencia e estabilidade.

Socialización e cultura dos primeiros humanos

Imagen
A IMPORTANCIA DO GRUPO Os homínidos organizaron as sociedades primirivas impoñendo normas e condutas. Dividiron os distintos traballos entre grupos de homes ou de homes e mulleres. A unión do grupo era fundamental para ter éxito na prolongación da vida dos individuos. A ORGANIZACIÓN SOCIAL: O PAPEL DAS MULLERES E DOS HOMES As mulleres foron moi importantes na organización social. Ademais de parir e coidar dos fillos, ocupábanse dos labores domésticos e de conservar e mellorar o hábitat. Facían traballos de carrexo e recolección, colaboraron na caza e transmitían as ensinanzas do grupo aos seus fillos no período infantil. As funcións dos homes concretáronse na condución do grupo polo territorio, na organización e execución dos plans de caza e noutrs actividades para conseguir distintos alimentos e materiais para as actividades do grupo. A TALLA DA PEDRA Polas diferentes formas de tallar a pedra que o ser humano foi prefeccionando, foise adquirindo unha verdadeira tecnol

O xénero Homo

Imagen
HOMO HABILIS Este primeiro Homo  non difería moito dos Australophitecus. Xurdiu en África fai 2,5 millóns de anos, coincidindo cun arrefriamento do planeta, unha diminución da zona arborada e a aparición da sabana. Este ambiente propiciou a aparición de seres adaptados a unha alimentación máis variadas e a espazos máis abertos, facilitado polo aumento do cerebro. Xa era capaz de pensar e fabricar ferramentas. Homo ergaster e Homo erectus Homo ergaster.  Apareceu entre hai 1,8 e 1,4 millóns de anos e posuía un certo parecido cos actuais seres humanos. Hai un gran número de fósiles desta especie. Estendeuse por moitos lugares de África e aumentou a súa poboación notablemente. O seu tamaño era semellante ao dos seres humanos actuais, a cara máis longa e prominente, igual que a fronte e os arcos supraciliares. Tiña molares robustos.                                                                  Homo erectus.  Considérase a mesma especie que o Homo ergaster , pero loca

Os parentes próximos da especie humana

Imagen
OS PREHOMÍNIDOS A partir da desaparición, distintos mamíferos tiveron moito éxito reprodutivo. Hai restos fósiles de especies de monos evolucionados de entre 7 e 5 millóns de anos, con notables progresos no bipedismo e ben adaptados a situacións cambiantes do clima. OS PRIMEIROS HOMÍNIDOS: OS AUSTRALOPITHECUS Hai uns 4,5 millóns de anos apareceron os primeiros homínidos, so asutralophitecus. Diferéncianse dúas liñas, uns de tipo moi robusto (parantropos) e outros máis gráciles, que serían os que se supón que van a evolucionar cara ao xénero Homo . CARACTERÍSTICAS FÍSICAS Eran bípedes, xa que as pegadas das súas pisadas demostran que camiñaban dereitos. Tiñan a cara ancha e plana e un cerebro un pouco maior que o dos chimpancés. As mandíbulas tiñan molares grandes e grosos para triturar raíces e froitos secos. Tiñan as pernas curtas e as femias non superaban o metro de altura, mentres que os machos chegaban ao metro e medio. Tiñan mans parecidas ás dos humanos e

Orixe da especie humana

Imagen
As características que diferencian a nosa especie dos outros primates é o resultado dun longo proceso evolutivo: a humanización. O PROCESO DE HOMINIZACIÓN Caracterízase por cambios anatómicos, reprodutivos e no dessenvolvemento e cambios xenéticos. Algúns camibios anatómicos Adquisición dunha postura bípede ou ergueita:  relaciónase cun cambio climático, polo que se pasou dunha selva a unha sabana árida e que obrigou a un grupo de primates a cambiar a súa vida arbórea para camiñar en grandes espazos abertos.                                                     Cambio na función das extremidades:  as mans libéranse co bipedismo. Progresivamente, as mans gañan mobilidade, os dedos alónganse, o polgar oponse ao resto dos dedos, adquiren máis precisión e transfórmase nun órgano manipulador e preńsil. As extremidades inferiores destínanse só a actividades locomotoras, polo que se alongan; o pé convértese en plantígrado e o polgar oriéntase paralelo aos outros.  Remodelación do

As probas da evolución

Imagen
PROBAS ANATÓMICAS Baséanse no estudo de similitudes e diferencias dun mesmo órgano en distintas especies para comprobar posibles relacións de paretesco. Órganos homólogos A pesar de ter unha estrutura interna semellante, están adaptados para realizar funcións distintas. Son estruturas herdadas dun antepasado común. Órganos humanos Teñen unha constitución anatómica diferente pero teñen semellanzas por desempregar a mesma función. Teñen unha orixe distinta.                                      PROBAS BIOXEOGRÁFICAS Fundaméntanse no estudo da distribución xeográfica das especies. A teoría da evolución sostén que os individuos que habitan xuntos evolucionan dun xeito semellante, mentres que os que viven en zonas illadas, canto máis dure este illamento, máis probabilidade teñen de evolucionar de formas distintas.                                                 PROBAS EMBRIOLÓXICAS Baséanse no estudo comparado do desenvolvemetno embrionario dos animais para descubri

Novas teorías evolucionistas

Imagen
O NEODARWINISMO OU TEORÍA SINTÉTICA DA EVOLUCIÓN Foi proposta por varios autores que harmonizaron a principios do século XX a teoría da selección de Darwin cos descubrimentos en xenética e outras áreas da bioloxía. Principais axentes do neodarwinismo A causa da variabilidade biolóxica observada por Darwin débese a mutacións e á recombinación xenética da meiose e que orixina novas combinacións de xenes nos descendentes. A selección natural actúa sobre a variabilidade xenética. Os individuos dunha poboacións son portadores de diferentes alelos responsables do seu fenotipo. A evolución prodúcese gradualmente como resultado dos pequenos cambios nas frecuencias dos distintos alelos dunha poboación. A unidade evolutiva non é o individuo, senón a poboación. TEORÍA NEUTRALISTA OU NEUTRALISMO O xenetista xaponés Motoo Kimura propuxo a teoría neutralista ou neutralismo en 1970: Moitos dos cambios que se producen no ADN  son neutros á selección natural. A maioría das mut

Teorías evolucionistas

Imagen
PRIMEIRAS TEORÍAS EVOLUCIONISTAS: O LAMARCKISMO O francés Jean Baptiste Lamarck opúxose á teoría fixista e deduciu que os trazos das especies parecían cambiar de maneira gradual ao longo do tempo. Esta teoría foi coñecida como transformismo ou teoría dos caracteres adquiridos. Postulados da teoría de Lamarck A función crea o órgano.  Os organismos esfórzanse para adaptarse as variacións das condicións do medio no que viven, polo que desenvolven progresivamente os órganos que máis utilizan para realizar unha das determinadas funcións, e os órganos menos usados atrofianse. Os órganos ou os caracteres adquiridos durante a vida hérdanse:  As novas características adquiridas por un individuo ao longo da súa vida son transmitidas aos descendentes e, co tempo, vanse producindo cambios ou transformacións graduais que van modificando as especies.      Os coñecementos actuais sobre a herdanza dos caracteres demostran que a teoría de Lamarck é incorrecta, xa que os caracteres h

A evolución dos seres vivos

Imagen
Ata o século XIX prevalecen as teorías denominadas fixistas que foran substituídas polas teorías evolucionistas aceptadas na actualidade. O fixismo e o catastrofismo O fixismo e o creacionismo sostiñan que as especies non cambian e que se manteñen inalterables ao longo do tempo.  Segundo esta teoría, as especies que poboan a Terra serían tal e como as coñecemos desde a súa orixe, sen variacións. O incesante descubrimento de fósiles en determinados lugares foi un contratempo para esta teoría porque se trataban de restos de organismos que existiran, algúns dos cales desapareceran. Para xustificar a existencia destas especies desaparecidas, o naturalista Georges Cuvier propuxo a teoría do catastrofismo. Segundo esta teoría, ao longo da historia da Terra ocorreron catástrofes naturais a escala planetaria que causaron a extinción súbita de especies que estiveron moito tempo sen cambiar. O PREEVOLUCIONISMO A finais do século XVIII, Georges Leclerc ofreceu a primeir

Outras teorías sobre a orixe da vida

Imagen
TEORÍA DA XÉNESE MINERAL A teoría de Oparin e Haldane segue a ser a máis aceptada para explicar a orixe da vida, aínda que perfeccionada e con modificacións. É probable que fosen necesarios certos minerais que actuarían de soporte para permitir que as moléculas orgánicas pequenas se unisen entre elas e orixinasen as grandes moléculas biolóxicas. Crese que esta unión tivo lugar en zonas arxilosas. TEORÍA DA PANSPERMIA Supón que os primeiros microorganismos que habitaron a Terra se orixinaron no espacio exterior e chegaron ao noso planeta no interior de meteoritos que chocaban contra a superficie terrestre, e que logo se desenvolveron grazas ás condicións favorables, e a partir delas formáronse o resto dos seres vivos. Hai estudos actuales que suxiren que a vida terrestre é o resultado dunha choiva de moléculas orgánicas sintetizadas no medio interestelar e que precipitou sobre a Terra primitiva.