Xenes e control celular
XENES E PROTEÍNAS
Un xene é un segmento de ADN que contén a información xenética para producir unha proteína. O xenoma (conxunto de xenes dun individuo) determina o conxunto de proteínas que fabricarán as súas células (as proteínas son as responsables das características de cada individuo).
Todas as encimas que producen as células están codificadas polos seus xenes.
As proteínas son biomoléculas formadas pola unión de aminoácidos. Hai 20 tipos de aminoácidos diferentes. A orde ou secuencia en que se unen os aminoácidos determina o tipo de proteína.
Que é o código xenético?
O código xenético é o conxunto de instrucións que contén a secuencia de nucleótidos do ADN para poder sintetizar as proteínas.
Características:
- É un código de tres letras.
- É un código dexenerado.
- Hai tres tripletes que non codifican para ningún aminoácido, senón que indican o inicio e o fin da proteína.
- É universal.
A EXPRESIÓN DA INFORMACIÓN XENÉTICA DO ADN: A SÍNTESE DE PROTEÍNAS
A expresión da información é o conxunto de procesos mediante os que os códigos contidos na secuencia de nucleótidos dos xenes ditan a secuencia de aminoácidos das proteínas.
Etapas da síntese de proteínas
- Transcrición: proceso polo que a secuencia de nucleótidos dun xene de ADN se copia nunha molécula de ARN mensaxeiro (ARNm).
- Saída do ARNm: o ARNm sae do núcleo celular a través dos poros e diríxese aos ribosomas do citoplasma.
- Tradución: proceso polo que se realiza a unión dos aminoácidos na secuencia dilatada polos tripletes do ARNm e segundo as claves do código xenético.
Comentarios
Publicar un comentario