A biotecnoloxía e as súas aplicacións

QUE É A BIOTECNOLOXÍA

Resultado de imaxes para biotechnology

A biotecnoloxía é o conxunto de procesos e tecnoloxías que utilizan organismos vivos ou parte deles para obter produtos ou proporcionar servizos útiles.

O gran avance da biotecnoloxía produciuse ao coñecerse que a estrutura do material xenético, o código xenético, o código xenético ou os mecanismos de transcrición e tradución dos xenes en proteínas, son comúns para todos os seres vivos.

Isto permitiu transferir xenes entre individuos de distintas especies (enxeñaria xenética)  e o organismo que contén o novo xene é un organismo modificadi xenéticamente (OMX).

Aplicacións da biotecnoloxía en distintos sectores

  • Saúde e farmacéutico
  • Agrícola
  • Veterinario
  • Industrial
  • Alimentación
  • Medio natural

 

QUE FUNCIÓN DESEMPREGAN AS ENCIMAS?

Resultado de imaxes para enzimas

As encimas son proteínas que actúan como catalizadores, acelerando as reaccións químicas que teñen lugar nas células. As encimas poden romper unha molécula (substrato) noutras máis pequenas ou unir moléculas pequenas nunha máis grande. 

Características das encimas

  • Son específicas.
  • Posúen un sitio de unión para o substrato denominado centro activo.
  • Non se consomen nas reaccións que catalizan, pero a súa actividade pode verse afectada pola temperatura e o pH do medio. 
                                      Resultado de imaxes para caracteristicas de las enzimas

O USO DE MICROORGANISMOS EN BIOTECNOLOXÍA 

Moitos dos procesos biotecnolóxicos utilizan microorganismos que se producen en grandes tanques industriais, denominados fermentadores.
Vantaxes:

  • Producen gran cantidade de encimas e outras biomoléculas de interese industrial que segregan fóra da célula.
  • Poden modificarse xeneticamente con facilidade para producir a molécula que se desexa.
  • Medran moi rapidamente, a baixas temperaturas, en condicións controladas e a baixo custo.
                               Resultado de imaxes para fermentadores  Resultado de imaxes para industria quesera 



















Comentarios

Entradas populares de este blog

A división celular: mitose e citocinese

Como se reproducen as células?