ADN e información xenética

O DESCUBRIMENTO DA ESTRUTURA DO ADN


James Watson e Francis Crick publicaron en 1953 na revista científica Nature o artigo "Unha estrutura para o ácido desoxirribonucleico", o cal anunciaba o segredo da vida.
             
                                  Resultado de imaxes para james watson  Resultado de imaxes para francis crick   Resultado de imaxes para a structure for deoxyribose nucleic acid nature 
                                        James Watson                    Francis Crick

Nel interpretaban toda a información sobre o ADN dispoñible ata entón e propoñían a estrutura da dobre hélice.
Para o descubrimento empregaron os traballos previos de Rosalind Franklin e Maurice Wilkins que obtiberon fotografías nas que se via a estrutura repetitiva do ADN mediante a técnica de difracción de raios X.

                            Resultado de imaxes para rosalind franklin                                     Resultado de imaxes para maurice wilkins

A todos eles (excepto a Rosalind Franklin, falecida en 1958) se lles concedeu o Nobel de Medicina en 1962.

AS CLAVES DA ESTRUTURA DO ADN

A molécula de ADN é un polinucleótido formado por dúas cadeas de nucleótidos enroladas entre si e formando a dobre hélice.
Resultado de imaxes para doble hélice de adn

EN QUE CONSISTE A REPLICACIÓN DO ADN?

A célula reparte copias idénticas do ADN ás células fillas durante a división celular, para o cal debe facerse unha copia idéntica e sen erros da secuencia de nucleótidos do seu ADN.
É o proceso mediante o que se poden formar as dúas cromátides idénticas  dos cromosomas que se ven durante a metafase da mitose (replicación do ADN). Ten lugar no núcleo na fase S da interfase do ciclo celular.
Resultado de imaxes para replicacion del adn pasos














               

Comentarios

Entradas populares de este blog

A división celular: mitose e citocinese

Como se reproducen as células?