Teorías sobre a orixe da vida

TEORÍA DA XERACIÓN ESPONTÁNEA

Un dos primeiros intentos de dar unha explicación racional á orixe da vida foi a idea da xeración espontánea que Aristóteles sostivo no século IV a.C. Segundo esta teoría, a vida xurdiu na Terra a partir da materia inerte que se transformaba "espontáneamente" para orixinar materia viva.

Resultado de imaxes para aristotle 

Debido ao recoñecemento de Aristóteles, as súas ideas estiveron vixentes ao longo de moitos séculos.

O fin da crenza na xeración espontánea

A xeración espontánea foi refutada polo médico italiano Francesco Redi, que en 1668 realizou os primeiros experimentos científicos para demostrar que a idea da orixe da vida predominante no seu tempo, a de Aristóteles, era falsa. Demostrou que as larvas de mosca que aparecían na carne en descomposición proviñan das moscas e non da carne en putrefacción.

Resultado de imaxes para francesco redi

Louis Pasteur demostrou en 1861 de maneira concluínte que a xeración espontánea non existe e que todos os seres vivos proceden doutros seres vivos predecesores. 

Resultado de imaxes para louis pasteur


Experimento de Redi

Resultado de imaxes para experimento de redi

Redi colocou anacos de carne en varios recipientes. Algúns cubriunos cunha gasa moi fina que deixaba pasar o aire e outros con pergamino que non o deixaba pasar.
Ao cabo duns días, nos frascos abertos medraban larvas sobre a carne e nos pechados só se observaba o proceso de descomposición da carne, sen vermes.

Experimento de Pasteur

Demostrou que son microorganismos do aire os que descompoñen os medios de cultivo. Verteu caldo en dous matraces e curvou o pescozo dun ata darlle forma de "S" para que puidese entrar o aire os microorganismos quedasen atrapadas na curvatura e a outro cortoulle o pescozo. Ferveu o caldo dos matraces para esterilizalo. Transcorridas unhas semanas advertiu que no caldo aberto se observaban gran cantidade de microorganismos, mentres que o pechado estaba intacto.

Resultado de imaxes para: experimento de pasteur

TEORÍA DA SOPA PRIMITIVA: A ORIXE QUÍMICA DA VIDA

A principios do século XX, o ruso Oparin e o británico Haldane propuxeron que a vida xurdira por procesos fisicoquímicos ocorridos gradualmente na atmosfera primitiva terrestre. Etapas:

  • Os gases presentes na atmosfera primitiva, expostos a unha intensa radiación solar e descargas eléctricas (tormentas), reaccionarían espontaneamente para formar moléculas orgánicas sinxelas.
  • As moléculas orgánicas sinxelas precipitaron sobre a superficie terrestre e foron arrastradas pola choiva ata os océanos primitivos, onde se disolveron lentamente e formaron a sopa primitiva.
  • Nesta sopa, as moléculas orgánicas sinxelas reaccionaron entre si e orixinaron moléculas máis complexas. Co tempo formaríanse agregados moleculares en forma de esferas ocas ou coacervados que encerrarían moléculas que podían facer copias de si mesmas. Estes serían os precursores das primeiras células.

Experimento de Miller

En 1953, o científico norteamericano Stanley Miller comprobou experimentalmente as primeiras etapas da teoría da sopa primitiva. Reproduciu as supostas condicións da atmosfera primitiva e obtivo os compostos orgánicos que deron lugar á vida. 
Introduciu nun recipiente de vidro auga e unha mestura de gases que, segundo Oparin, existían na atmosfera primitiva. Quentou a auga, e o vapor arrastrou os gases a outro recipiente onde os someteu a continuas descargas eléctricas semellantes ás tormentas. Despois fixo pasar os gases por un tubo frío para que se condensasen. Recolleu a auga cos produtos da reacción nun matraz que simulaba o océano. Ao analizar o contido observou que se sintetizaran moléculas orgánicas sinxelas.

Resultado de imaxes para: experimento de miller





















Comentarios

Entradas populares de este blog

A división celular: mitose e citocinese

Como se reproducen as células?