A HERDANZA NA ESPECIE HUMANA A transmisión dos caracteres hereditarios na especie humana, tanto os trazos físicos como as enfermidades xenéticas, réxese polos mesmosprincipios da herdanza mendeliana. Hai caracteres controlados por só un xene e outros e herdanza máis complexa. A súa manifestación descendencia depende de varios factores: Tipo de alelo responsable do carácter. Localización do xene nos autosomas ou nos cromosomas sexuais. As enfermidades hereditarias e xenéticas As enfermidades hereditarias son as que son transmitidas de pais a fillos a través dos xenes. Adoitan manifestarse en varios membros da mesma familia, segundo o seu tipo de herdanza. As enfermidades xenéticas son todas as que se deben a cambios ou alteracións do ADN. Poden deberse a mutacións ou alteracións cromosómicas. ALBINISMO: UN EXEMPLO DE HERDANZA RECESIVA É un trastorno causado por un alelo recesivo. Os individuos heterocigóticos non a manifestan pero son portadores e poden transm...
O bioma é o conxunto de zonas da Terra que teñen poboacións animais e vexetais similares. Cada bioma pódese estender por varios continentes, e en cada continente pídense atopar distintos biomas. BIOMAS DE CLIMAS FRÍOS A tundra Ocupa as zonas próximas aos círculos polares. As temperaturas son moi baixas todo o ano e as precipitacións caen en forma de neve. A vexetación arbórea é escasa. Durante unha gran parte do ano atópase cuberta de xeo. Habitada por caribús, bois almiscreiros, osos polares...Entre os vexetais abundan liques, A taiga Ocupa as zonas de Europa, Canadá e Asia próximas aos Polos. É o bioma máis grande. O clima é frío continental (invernos longos e moi fríos e veráns temperados e curtos), as choivas son escasas e en forma de neve no inverno. As coníferas son as súas árbores características (sobre todo piñeiros e abetos, de follas reducidas e perennes). Está habitada por renos, alces, caribús, osos negros, lobos, donicelas... O deserto f...
EQUILIBRIO E REGULACIÓN NOS ECOSISTEMAS Os ecosistemas son comunidades máis ou menos estables nas que o número de seres que as compoñen se mantén constante. Hai factores abióticos e bióticos que limitan o crecemento das poboacións que o constitúen, de xeito que estas se manteñen en equilibrio (autorregulación). Entre os factores abióticos atópanse os recursos dispoñibles (luz, superficie de solo, temperatura...). Os factores bióticos que regulan a cantidade de organismos nun ecosistema son as relacións entre eles, especialmente tróficas. Perturbación e estabilidade dos ecosistemas Chámaselle perturbación á alteración na estrutura e no funcionamento dos ecosistemas. Os ecosistemas posúen tres mecanismos de reacción ante as perturbacións: Resilencia. Capacidade de volver ao estado inicial despois de sufrir unha perturbación de vital importancia para a estabilidade do ecosistema. Resistencia. Capacidade do ecosistema de absorber o efecto dunha perturba...
Comentarios
Publicar un comentario