A enxeñaría xenética

QUE É A ENXEÑARÍA XENÉTICA?

Resultado de imaxes para engenieria genetica

A enxeñaría xenetica é o conxunto de técnicas que permiten illar, cortar, combinar e unir fragmentos de ADN nunha única molécula de ADN e transferila a outra célula.
A molécula de ADN resultante denomínase ADN recombinante e o organismo cuxo xenoma se modificou (OMX) denomínase organismo transxénico.  

Como se transfiren xenes ás plantas ou aos animais?

A transferencia de xenes a animais serve para estudar as causas e os posibles tratamentos de enfermidades humanas. 

A produción de proteínas mediante enxeñaría xenética

Resultado de imaxes para insulina

Por exemplo, a insulina (hormona utilizada para tratar a diabetes) obtíñase a partir de extractos de animais, o que producía reaccións adversas nas persoas ao ser unha insulina diferente á humana. 

Actualmente prodúcese usando bacterias modificadas mediante enxeñaría xenética. É idéntica á humana e non provoca efectos adversos.

TÉCNICAS DE ENXEÑARÍA XENÉTICA

Resultado de imaxes para tecnicas de ingenieria genetica

As técnicas de enxeñaría xenética para producir proteínas realízanse seguindo un protocolo que inclúe as seguintes etapas:
  • A partir dunha célula humana de páncreas, localízase e íllase o xene que codifica para a insulina mediante encimas que cortan a molécula de ADN.
  • O xene humano insírese no ADN dun plásmido bacteriano que actúa como vector para transferilo á bacteria.
  • Selecciónanse as bacterias que conteñen o xene da insulina inserido no seu ADN, para o que se usan algúns xenes marcadores.
  • Faise medrar ás bacterias en grandes fermentadores e en condicións favorables para que, mediante reprodución asexual, produzan millóns de bacterias idénticas co xene da insulina humana.
  • O xene da insulina transcríbese e tradúcese producindo grandes cantidades de insulina, que as bacterias idénticas co xene da insulina humana.
  • A insulina recóllese e purifícase para a súa comercialización.









Comentarios

Entradas populares de este blog

A división celular: mitose e citocinese

Como se reproducen as células?