A importancia biolóxica da mitose e da meiose


QUE ACHEGAN A MITOSE E A MEIOSE?

Nos organismos pluricelulares, a mitose permite aos individuos medrar e renovar os seus tecidos mediante divisións das céluls, e as células que se orixinan son idénticas á proxenitora. Nos unicelulares é unha forma de reprodución asexual

Na meiose prodúcense gametos haploides que orixinan un cigoto diploide despois da fecundación. É clave para manter constante o número de cromosomas, contribúe á variabilidade xenética:
  • Distribución independente dos cromosomas.
  • Recombinación xenética. 
  • Fecundación ao azar de gametos.

A MEIOSE PERMITE A FORMACIÓN DOS GAMETOS

Este proceso denomínase gametoxénese (ten lugar nas céluls xerminais dos órganos reprodutores baixo o control das hormonas sexuais. Dá lugar a gametos haploides). Tipos:

-Espermatoxénese: ten lugar nos testículos (formación de gametos masculinos). A partir dunha célula nai diploide (espermatogonia) prodúcense catro células haploides que se diferenciarán a espermatozoides. A metade ten cromosoma X e a outra cromosoma Y.

-Ovoxénese:(formación de gametos femininos) Ten lugar nos ovarios. A partir dunha célula nai (ovogonia) obtéñensecatro haploides, un óvulo coa maior parte docitoplasma e tres corpúsculos polares. Todos os óvulos teñen cromosoma sexual X.

DIFERENZAS ENTRE MITOSE E MEIOSE


Comentarios

Entradas populares de este blog

A división celular: mitose e citocinese

Como se reproducen as células?