O ciclo de vida da célula
O CICLO CELULAR
É o conxunto de acontecementos que teñen lugar na célula desde a formación hata a división. Ten dúas etapas: interfase e división celular.
INTERFASE
Ocupa a maior parte da vida célula. É unha etapa de crecemento e de grande actividade metabólica. Fases:
- G₁: nela comeza a síntese das proteínas; increméntase o volume do citoplasma e o tamaño e o número dos orgánulos. As células que non se dividen detéñense nesta etapa.
- Fase S: duplicación do ADN. Os cromosomas pasan a estar formados por dúas cromátides idénticas.
- G₂: prodúcense novos orgánulos. A célula prepárase para a división.
DIVISIÓN CELULAR
Chámase fase M. É unha etapa breve. Ten dúas fases:
- Mitose (ou división do núcleo): repartición de cromosomas entre as células fillas.
- Citocinese: división do citoplasma coa repartición de orgánulos e a separación as células fillas.
OS TUMORES
Cando os sistemas de control da división celular fallan, as células poden empezar a dividirse incontroladamente, dadndo lugar a masas celulares chamadas tumores.
-Tumores benignos: as células divídense nunha área limitada. Adoitan estar rodeados por unha membrana e non invaden outros tecidos. Poden ser perigosos se premen órganos importantes. Elimínanse con cirurxía.
-Tumores malignos: (cancro) o control da división celular está seriamente alterado e medran sen control danando os órganos onde están localizadas. As células tumorais poden pasar ao sangue e formar tumores noutros órganos (metástase).

O cancro trátase con radioterapia e quimioterapia.
Comentarios
Publicar un comentario