A clonación e as súas aplicacións
Un clon é un conxunto de células ou individuos xenéticamente idénticos que se orixinaron por reproducción asexual, mediante sucesivas división mitóticas dunha única célula.
QUE É A CLONACIÓN
É o procedemento polo que se poden obter copias xeneticamente idénticas dun xene, célula ou individuo.
A CLONACIÓN NAS PLANTAS
É un proceso clásico moi utilizado na agricultura e xardinariá para obter plantas a partir de partes doutra planta (esgallos ou enxertos).
COMO SE ORIXINAN ANIMAIS CLÓNICOS?
Transferencia de embrións clonados, que se utiliza nos mamíferos para conseguir unha maior descendencia dos animais con máis interese gandeiro.
Selecciónase unha vaca con excelentes características produtivas, fecúndanse os seus óvulos con espermatozoides seleccionados e obtéñense embrións.
Ao estar formados por células indiferenciadas totipotentes poden dar lugar a un novo individuo completo. Sepáranse as células individuais do embrión antes de que comece a súa diferenciación, e déixanse medrar para que desenvolvan os novos embrións clónicos, que se implantan en vacas receptoras das que nacen as tenreiras clónicas.
Comentarios
Publicar un comentario