Organización da célula procariota e eucariota
CÉLULA PROCARIOTA
Son as máis primitivas, as máis pequenas e teñen unha organización moi sinxela. Son características das bacterias e das cianobacterias. Características:
- Non teñen núcleo. O material xenético está libre no citoplasma. POoen ter plásmidos (pequenos fragmentos de ADN).
- Teñen unha membrana plasmática formada por unha bicapa de lípidos, glícidos e proteínas. Poden ter parede celular e mesmo unha cápsula.
- Teñen ribosomas no citoplasma.
- Posúen pelos (ou pili). Prolongacións da célula bacteriana que lles permite unirse a outras.
As bacterias
Teñen unha organización sinxela. Adaptáronse a varias formas de vida, divídense moi simplemente tras replicar o ADN e poden transferírse xenes entre elas a través dos plásmidos.
A maioría son beneficiosas pero outras poden causar graves enfermidades.
A maioría son beneficiosas pero outras poden causar graves enfermidades.
OS VIRUS
Son estruturas celulares formadas por ARN ou ADN e proteínas. Teñen capacidade de reprodución para parasitar a célula. Algúns causan graves enfermidades.
CÉLULA EUCARIOTA
Son grandes e complexas. Posúen orgánulos membranosos onde realizan diferentes procesos. O seu material xenético está no núcleo, rodeado por unha membrana que o separa do citoplasma. Dende el contrólanse todas as funcións da célula.
A membrana plasmática é responsable de transportar e intercambiar moléculas entre a célula e o medio.
Hai dous tipos, animal e vextal.
Hai dous tipos, animal e vextal.
Partes do núcleo
-Envoltura nuclear: formada por dúas membranas. Podúe poros que permiten que as moléculas pasen ao citoplasma. A externa ten ribosomas asociados.
-Cromatina: formada por moléculas de ADN asociadas cubertas por proteínas (histonas). Forman fibras longas que se acurtan e condensan para formar os cromosomas. Bañados polo nucleoplasma.
-Nucléolo: estrutura nuclear rica en ARN, ADN e proteínas. Nel sintetízase o ARNr.
Comentarios
Publicar un comentario