As proteínas e os ácidos nucleicos


Proteínas

Imaxe relacionada

Son biomoléculas formadas por combinacións de aminoácidos unidos por enlaces peptídicos. Cada proteína está formada por cen aminoácidos e ademais por carbono, hidróxeno, osíxeno e nitróxeno.
A súa estrutura é responsable da súa actividade biolóxica:
  • Estrutura primaria: corresponde á ordennación ou secuencia dos aminoácidos na molécula proteica.
  • Estrutura secundaria: pregamento da proteína no espazo por atraccións producidas entre os seus aminoácidos.
  • Estrutura terciaria: orixínase polas interaccións que suceden entre aminoácidos e entre eles e o medio onde está a proteína.
  • Estrutura cuaternaria: asociación de varias cadeas de aminoácidos. É característica de grandes proteínas.

As proteínas teñen moi diversa funcións que son moi importantes para as células:

  • Estrutural: forman parte de membranas e orgánulos celulares.
  • Encimática ou catalítica: regula as reaccións  do metabolismo. Realizana as encimas.
  • Transporte doutras moléculas polo sangue.
  • Defensa fronte microorganismos (anticorpos).
                                            Resultado de imaxes para anticuerpos
  • Movemento: levado a cabo polas proteínas contráctiles das células musculares.

Ácidos nucleicos

Son grandes moléculas formadas por moléculas máis pequenas unidas (nucleótidos).
Cada nucleótido está formado por unha molécula de monosacárido (ribosa ou desoxirribosa), outra de ácido fosfórico e outra de base nitroxenada (adenina, guanina, citosina, timina ou uracilo).
Hai dous tipos: ADN e ARN.

ADN

Resultado de imaxes para dna

Ácido desoxirribonucleico. 
É a molécula en que está localizada a información xenética das células de todos os seres vivos.
Características:
  • Cada un dos nucleótidos está formado por desoxirribosa, ácido fosfórico e adenina (A), guanina (G), citosina (C) ou timina (T).
  • As dúas cadeas de nucleótidos que posúe son complementarias (adenina-timina, citosina-guanina).
  • Enrólase formando unha dobre hélice.
-Replicación: proceso de copia ou síntese de moléculas idénticas de ADN. O seu fundamento está na complementariedade das bases. É imprescindible para a división celular.

ARN

Resultado de imaxes para Rna

Está formado por ribosa, ácido fosfórico, adenina (A), guanina (G), citosina (C) e uracilo (C).
Sintetízase na transición xenética a partir da información da molécula de ADN.
Tipos:
-ARN mensaxeiro (ARNm): secuencia de nucleótidos complementaria dunha das cadeas dun fragmento de ADN. Ten a información necesaria para a síntese da proteína (tradución xenética) e lévaa aos ribosomas, onde é realizada a síntese.
 
-ARN de transferencia (ARNt): transporta os aminoácidos aos ribosomas durante a tradución xenética.

-ARN ribosómico (ARNr): forma parte da estrutura dos ribosomas.





















Comentarios

Entradas populares de este blog

A división celular: mitose e citocinese

Como se reproducen as células?