Como se reproducen as células?
A NECESIDADE DA DIVISIÓN CELULAR
Chámase reprodución ou división celular ao proceso polo que unha célula se separa dando lugar a dúas células fillas iguais xenéticamente á célula da que proveñen.
Para que se producen novas células?:
- O crecemento do corpo.
- Renovar tecidos desgastados ou danados ou repoñer células que morren.
Un ser humano ao longo da súa vida realiza uns 10.000 billóns de divisións celulares no seu corpo.
A principal forma de división nas células eucariotas é a mitose.
CROMOSOMAS E DIVISIÓN CELULAR
Os cromosomas están no núcleo da célula e teñen información xenética que debe ser transmitida ás fillas na división celular. A información contén as instrucións para organizar a estrutura e función das novas células.
A cromatina é unha asociación de ADN e unhas proteínas chamadas histonas. Cada cromosoma ten únicamente unha molécula de ADN. Cando a célula está en repouso a cromatina está dispersa e os cromosomas non son visibles.
Antes da división celular, o ADN duplícase para distibuír a mesma información ás duas fillas e a cromatina condénsase formando os cromosomas. Como resultado da duplicaión cada cromosma aparece duplicado á súa vez formando dúas cromátides unidas polo centrómero.
CROMOSOMAS E XENES
Cada xene é un pequeno segmento da molécula de ADN. Os xenes das 2 cromátides de cada cromosoma son idénticos, xa que son o resultado da duplicación do ADN da célula.
COMO SE CLASIFICAN E ANALIZAN OS CROMOSOMAS
O cariotipo é o conxunto de cromosomas dun individuo. É unha característica de cada especie.
Os humanos temos 46 deles, unha metade do pai e a outra da nai. Todos correspóndense con 23 parellas de cromosomas homólogos.
Os cromosomas que determinan o sexo son os cromosomas sexuais e o resto son autosomas.
Todas as non sexuais son diploides (teñen as 23 parellas de cromosomas), mentres que os gametos son haploides ( só teñen 23 cromosomas).
Comentarios
Publicar un comentario